Decrecemento económico: alternativa ou solución?

O capitalismo converteuse nunha forma de vida actualmente, vése de forma clara non só na economía en sí, senón nas nosas accións, na nosa rutina, no noso traballo, incluso na educación, ou xa que estamos, nos nosos pensamentos e valores.

A existencia do individuo básase soamente en ser unha cifra e producto máis, e propiamente, en consumidor. Vivimos nunha sociedade onde serexitoso é o máis importante para ser recoñecido, a idea de ser mellor co resto e sempre destacar. Todo afecta a nosa vida, como é posíbel que no caso do capitalismo, saibamos o que é pero non o que trae consigo? Agora mesmo parece un concepto un tanto abstracto, especie de “ente” que naide é capaz de destruír, e que, aínda que sexa levado a cabo polas máis altas pólas da sociedade, formamos parte del.

Como pode un “simple” sistema económico chegar a ser a base da nosa vida e ser algo normalizado e tan interiorizado na sociedade? Cando pensamos neste termo sempre ven á cabeza as grandes empresas como Inditex ou diversa “índole”. Claro que forma parte dese sistema, maisnon todo se reduce a comprar no Zara. O capitalismo marca como debemos actuar, como debemos pensar, como debemos ser ou incluso marca como ten que ser o noso futuro.

Agora está moi de moda o ecoloxismo, veganismo e diversos movementos, que parecen como unha especie de solución ante esta problemática, mais independientemente disto seguen a contribuír ao sistema, onde a base é o consumismo.

Temos a separar sempre o ben e o mal, mais non todo o que parece unha boa solución é un bo método. Non estou dicindo con isto que apoiar estas ideas sexa algo malo, pero estase a facer o mesmo como cando se di de deixar de comprar no Zara porque explotan a mulleres e nenos do (como denominamos os supostamente “desenvolvidos”) “Terceiro Mundo”, para así sentirnos mellor connosco.

Todo resulta unha hipocresía, ou mais ben, toda a historia foi e é un ciclo vicioso e repetitivo, cheio de hipocresías. O caso é que para frear dunha forma esta situación e sistema capitalista (que de todas formas é irreversíbel), atópase unha opción ou mellor dito alternativa denominada: decrecemento económico, que intenta disminuir (xa como o propio nome indica) a produción económica e polo tanto reducir o consumo, tomando como exemplo demais países principalmente do sur. No capitalismo sempre se busca o maior beneficio posible defendendo a necesidade de competividade e “aproveitamento” de recursos para unha suposta vida cómoda e de mellor calidade. No caso do decrecemento inténtase reducir esos recursos e eliminar esa idea de conflitividade, xa que implica inestabilidade na sociedade e un abuso de medios completamente innecesarios.

Vendo o panorama actual, paréceme practicamente imposible establecer esta idea, xa que supón un cambio total non só en canto a recursos e consumo, senón á forma de vida dos individuos. Como dixen anteriormente, o capitalismo é como funciona a sociedade e o propio mundo, é algo xa instaurado e polo tanto imposíbel de disolver.

Cabe destacar que o decrecemento non só inflúe na propia economía senón na sociedade como tal. No capitalismo claramente hai unha notoria xerarquización, onde mais cunha democracia parece unha oligarquía. Aparte disto, a propia desigualdade ou mais ben aproveitamento dos gobernos do

norte sobre os países propiamente do sur. É realmente interesante: ver que nos facemos os moralistas e humanitarios, preocupándonos por estos países, cando ás espaldas somos os culpábeis da súa situación.

É como no caso do cambio climático e demais temas tan populares actualmente, agora como vemos que todo aquilo que necesitamos está escaseando cada vez máis actuamos para “frear” a situación, cando xa estaba presente hai tempo. Pero coma todo, só actuamos cando nos afecta directamente, e agora de repente somos todos ecoloxistas e levamos saquiños de tela para ir ao Mercadona.

No caso do decrecemento a cuestión é reducir todo aquilo que consumimos conseguindo os mesmos resultados ou incluso mellores, cambiando por completo esa necesidade de enriquecemento e beneficio propios, é dicir, abandónase esa idea tan individualista.

Como podemos ver o decrecemento abarca moitos ámbitos, polo que necesítase un proceso de concienciación da situación actual non dirixida soamente á crise climática ou a propia economía. Mais, pensando nesto seguramente nos veña a cabeza unha pregunta: cal é a nosa función en todo isto?

Na miña honesta opinión, estou bastante dacordo co tema do decrecemento económico, xa non como alternativa senón como solución a esta especie de “guerra” interior do individuo. Non quero falar sobre aspectos económicos, xa que é algo que aborrezo bastante, senón que quero ir máis alá. Como dixen, o decrecemento é solución ante a situación crítica do individuo, onde o único que o define é os seus bens materiais, e onde todo o que fai non o realiza para si mesmo senón para satisfacer á sociedade, sumida na decadencia e egoísmo; ademais do feito de estar encarcelados nun traballo, nunha rutina, produce que necesitemos liberarnos, consumir para estar mellor con nós mesmos.

Para min é esencial mostrar este tipo de movementos, para facer ver á humanidade que a situación que estamos a vivir é completamente agonizante e inadecuada. Claramente é difícil acabar co capitalismo, xa que ven dado por uns gobernos, que ademais nós mesmos eliximos, polo que

somos igual de culpábeis. Así, ten que vir da nosa parte todos estos remedios porque, como se di no gran filme Fight Club de David Fincher: “ as cousas que posees rematan sendo donas de ti (...) só despois de que perdes todo é o momento no que eres libre para facer calquer cousa”.

 

Por Ana Sánchez (2º BAC C)

Powered by Drupal - Design by artinet