Brutal, irreverente, radical, feminista, pornográfica, divertida... Todo iso e máis é "Lectura fácil" de Cristina Morais, Premio Herralde de Novela 2018 a unha escritora politicamente incorrecta que nos fai subir ao ring para converternos en " sparrings" da súa demoledora pegada literaria. 4 mulleres con "discapacidade intelectual", un piso de acollida, un grupo okupa, unha escola de baile e un relato "fácil" escrito en whatsapp danlle a volta á realidade para confrontala cunha crueza visceral, e ao mesmo tempo humorística, nun texto absolutamente xenial. Ollo, que o título non vos confunda, fácil non é sinónimo de sinxelo. Moi recomendable.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |