Artigo da profesora de filosofía do IES lucus Augusti Mar Carballo Cela.
Unha reflexión respecto ao relativismo na ciencia "como creamos metáforas para pensar na realidade atribuíndolles vida propia nun particular e obxectivo mundo das ideas".
"Esta e outras reflexións deberían ser o punto de partida ó iniciármonos na aprendizaxe do coñecemento científico, pois antes de utilizar calquera instrumento é importante saber en que consiste para facer un uso consciente del; e cando un alumno se prepara para aprender calquera disciplina científica deberíaselle advertir: “ímosche ensinar a manipular a realidade e a coñecerte mellor a ti mesmo, nisto consiste a grandeza da ciencia".
"Parece que reflexionar, investigar e buscar solucións ós urxentes problemas políticos, sociais, ambientais e económicos ós que nos enfrontamos non acada a categoría de excelente".
"A ciencia aumenta a potencia de coñecemento e tecnoloxía da humanidade, pero debido a unha “neurose racionalista” non aumenta a súa sabedoría".