CancroCientíficos dos centros de investigación galegos CICA (Universidade da Coruña ), CiMUS e CiQUS (Universidade de Santiago de Compostela) conseguiron desenvolver sensores que reproducen o mecanismo que activan as células tumorais cando detectan baixos niveis de osíxeno.
As células tumorais son moi ávidas, cando penetran no tecido esixen un elevado consumo de osíxeno e nutrientes polo que teñen que abrir novos vasos sanguíneos para garantir o abastecemento que lles permita sobrevivir. Cando este proceso comeza é cando se podería observar que o corpo está a ser afectado por un tumor. Ou mesmo antes, cando a célula maligna vese privada de osíxeno, un proceso chamado hipoxia. Cando isto ocorre, o corpo emite unha especie de alerta a través dunha proteína que normalmente se degrada, pero cando o osíxeno comeza a fallar estabiliza e aumenta a súa concentración nos tecidos. A detección temperá pode servir para o diagnóstico precoz do cancro e avaliar a súa agresividade, unha previsión que se pode axustar segundo a capacidade das células tumorais para abrir novos gasodutos para realizar a súa invasión.
O equipo de investigación conseguiu a identificación desta molécula mediante un método de fluorescencia, desenvolvendo un biosensor que reproduce o mecanismo que activa as células tumorais cando detectan baixos niveis de oxígeno.

 

Ligazón CIMUS