corazonUn paso cara adiante na investigación biotecnolóxica. Científicos/as da Universidade de Tel Aviv conseguiron construír, utilizando texido humán e unha impresora 3D, un corazón vivo que palpita. Un avance que abre vías aos transplantes do futuro, sen necesidade de depender de donantes nin risco de rexeitamento dos órganos transplantados. Aínda que queda moito por investigar ata chegar a conseguir un funcionamento eficaz, o feito supón un salto cualitativo para a menciña quirúrxica.

Ligazón

Nova de prensa