Relación de curtametraxes sobre trastornos alimentario
Nome | Descrición | Tema | Curta |
Break the habit |
Controvertida campaña australiana para previr a obesidade infantil. Ademais do vídeo presentaron unha páxina nas redes sociais onde informaban sobre a necesidade de intervención sobre un problema que está a afectar a un de cada catro nenos e nenas no mundo. A dureza do spot é incuestionable. Duración: 1´ |
Obesidade Infantil | |
Ari |
"Ari" Unha curtametraxe de Alex Murawski. A historia de Ari (que significa "ser" en xaponés) un neno, con sobrepeso e introvertido, que quere participar no grupo de iguais, impulsado polos seus sentimentos cara a compañeira de clase Jess, tenta baixar de peso e facerse máis franco nun esforzo por conectarse cos demais. Pero isto só o leva a unha maior dor, unha maior soedade e tristura, ao realizar a súa procura inútil e humillante de converterse noutra persoa, Ari fai unha declaración pública de auto-aceptación e descobre que o seu xeito de ser ten un valor sorprendente. "Ser un neno non é doado, sélo sendo tí mesmo é moito máis difícil. Ante a humillación o protagoniosta atopa a coraxe e a auto-aceptación do xeito máis insospeitado". Duración: 9´28"
|
Obesidade Autoimaxe |