Relación de curtametraxes para traballar Educación en valores
Nome | Descrición | Tema | Curta |
Binta e a grande idea |
Binta é unha proposta didáctica de Educación para o Desenvolvemento baseada nunha curta de Javier Fesser nomeada aos Oscar no 2007, Permete traballar a discriminación de xénero e facer unha reflexión sobre as situacións de desigualdade. Duración: 29´24" |
Desigualdade | |
Umbrella |
Curta de aniimación nominado aos Oscars de Helena Hilario e Mario Pece (2020). Unha conmovedora narración que os autores crearon a partires dunha historia real na que un neno vive co trauma ocasionado pola perda da figura paterna. Excesivamente sensibleira Duración: 8´ |
Orfandade | |
Snack Attack |
Curta de animación de Eduardo Verastegui (2016). Unha visión sobre os prexuizos. Duración: 4´41" |
Prexuízos | |
Mamasunción |
Curta do director Chano Piñeiro. "Mamasunción" foi realizada no ano 1984 e supuxo unha das obras cinematográficas mais emblemáticas do cinema galego. Un relato fermosísimo do drama da diáspora. Duración: 19´53" |
Diáspora / emocións | |
Meu amigo Nietzsche |
Curta escrita e dirixida por Fáuston da Silva. Plantexa o poder da cultura fronte a unha situación de deprivación social. Un neno das favelas muda a súa vida despois de ler "asi habló Zaratustra", Duración: 15´ |
Filosofía / pobreza | |
Pai |
Curta de animación de Santiago Bou Grasso (2014). Contextualizado na Arxentina de1983 narra a historia da filla dun exmilitar, unha rutina chea de simbolismo que resulta sobrecolledora. Duración: 11´52" |
Ditadura | |
A miña avóa rechea |
"My Stuffed Granny" é unha curta de animación de Effie Pappa (2014). En Galicia a vellez é o noso tecido produtivo, fai uns anos foi unha inxección para a economía familiar que permitiu "tunear" coches ou investir en decibeles e bebidas cunha autoconfianza desproporcinada que enmascaraba a auténtica subsistencia da xente que, no mellor dos casos, tiña traballos "mileuristas" fronteirizos co umbral da pobreza. A curta é inglesa pero podería ser galega. Duración: 10´11" |
Sociedade / Pobreza | |
Alike |
Curta de animación de Daniel Martínez Lara & Rafa Cano Méndez premiada co Goya 2015. A educación orientada cara a produtividade é un atentado á creatividade. Duración: 8´ |
Educación | |
A Libraría |
"The Library" é unha curta de Jason LaMotte sobre a enfermidade de Alzheimer. Lembra a longametraxe "Lejos de Ella". Excepcional. Duración: 20´20" |
Alzheimer / Libros | |
Zero |
Curta de animación australiana de Christopher Kezelos e Christine Kezelos. (2011) "Zero" presenta unha metáfora da sociedade onde os seres humanos nacen cun número no peito; este número define o seu destino, sendo os 8 e 9 os máis respectados e destinados ás mellores obras, 5, 6 e 7 da clase media con traballos mediocres, 1, 2, 3 e 4 os menos respectados pero que aínda teñen un papel dentro da sociedade, e finalmente 0. As persoas que nacen con este último están destinadas a ser marxinadas. Duración: 12´20" |
Sociedade / Discriminación | |
"8" |
Curta de Aćim Vasić (2010), no que ridiculiza con humor negro a maior das estupideces humanas: a guerra. Excelente. Duración: 10´18" |
Guerra |