try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Non o sabes

A literatura é camaleónica, prégase as necesidades do lector para ir enchendo os furados que agochan os seus sentimentos, vai mudando obxectivos e relativiza a percepción atendendo a demanda das nosas emocións . Na proxección da curta de Rubén Riós produciuse un fenómeno de transmutación excepcional coa elección do tema “No lo sabes” de Fredi Leis, unha fermosísima canción de amor que muda a mensaxe para impregnarse coa trama do filme dun xeito tan perfecto que parece imposible que non nacera para converterse na banda sonora de “Vida”. Unha beleza cando menos con dúas caras, se é que non hai outras lecturas agochadas, que resulta emocionalmente demoledora.