A CIENCIA EN GALEGO NO LOSADA

O pasado venres deron comezo as actividades coordinadas polo EDL do Losada para reivindicar, un ano máis o uso do galego no ámbito científico.

Neste enlace podes consultar a crónica da actividade, organizada polo Departamento de Física e Química:

Materiais intelixentes. Facultade de Minas e Enerxía.

FESTA DO MAGOSTO NO LOSADA

Chega, un ano máis, a festa do outono ao Losada. Unha nova edición do magosto, chea de xogos, sorpresas e castañas asadas. Todo organizado polo alumnado de 4º ESO.

O teatro volve ao Losada

Reunión informativa para todas as persoas interesadas

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA DO LOSADA COAS SÚAS ACTIVIDADES

O martes 29 de outubro están convocados todos e todas as compoñentes dos Clubs de Lectura do centro. Para empezar, celebrarémolo cuns petiscos na Biblioteca ás 3 da tarde.

Non faltes!

 

ASÍ FOI O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO LOSADA

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. A iniciativa da nosa Biblioteca e do EDL do centro, programouse unha actividade no segundo recreo que consistiu na prrsentación dos traballos elaborados polo alumnado de 1º ESO sobre a biblioteca e a lectura e na lectura de diversos contos de Manuel García Barros pertencentes ao libro Contiños da Terra.

 

Presentouse tamén este fermoso vídeo realizado polo alumnado de 1º de ESO:

 

Podes ver máis imaxes do día no blog da Biblioteca:

https://lernolosada.wordpress.com/2019/10/25/o-dia-das-bibliotecas-en-imaxes/

O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NO PROGRAMA RÍOS NA ESTRADA

O pasado 17 de outubro o alumnado de 4º ESO A participou no proxecto OS RÍOS NA ESTRADA

Consistiu na visita á ribeira do río Ulla, no lugar de Ximonde en Paradela. Alí o alumnado fixo diversas

prácticas, realizou un percorrido a pé e visitou o centro ictiolóxico. A actividade tiña como fin o coñecemento

dos ecosistemas fluviais ademais de contribuír a concienciación medioambiental. O proxecto foi realizado por

Tesouros Novos, xestión cutural e promovido polo Concello da Estrada.

 

 

 

O CONSELLO ESCOLAR DO LOSADA SOLICITA AUMENTO DE ESPAZOS PARA OS CICLOS DE CARPINTARÍA

O Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez acordou, de xeito unánime, apoiar a solicitude de incremento dos espazos cedidos nas instalacións da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Esta solicitude, efectuada pola Dirección do centro educativo a inicios do pasado mes de setembro, ven motivada polo incremento significativo no volume de alumnado e na oferta de ensinanzas, coa implantación do Ciclo Básico Carpintaría e moble neste curso 2019-2020, que se suma ao ciclo medio xa existente. O Consello Escolar e tamén a Dirección do centro consideran prioritario garantir a seguridade do alumnado, así como calidade da formación que reciben os estudantes, algo que é imposible nas actuais instalacións.

Desde o centro educativo considérase que esta formación é estratéxica para A Estrada, Capital do Moble de Galicia. Hai que ter en conta, ademais, que a mocidade que quere formarse neste ámbito profesional merece unhas instalacións dignas, que permitan unha formación de calidade, e en condicións de seguridade e hixiene, sen ter que desprazarse fóra do noso concello.

Alumnado e profesorado dos ciclos de carpintaría e moble

 

ACTIVIDADES NO LOSADA

Esta semana tiveron lugar as seguintes actividades complementarias e extraescolares no instituto:

Ruta xeolóxica polo Pico Sacro

O luns, 7 de outubro o alumnado de Bioloxía de 1º BAC e de Xeoloxía de 2º participou nun interesante percorrido xeolóxico na contorna do Pico Sacro. Gozaron ademais dunha climatoloxía estupenda para a xeorruta.

 

Presentación do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

O propio luns, no salón de usos múltiples do centro, o alumnado de 4º ESO e de 1º BAC asistiu á presentación do novo proxecto musical xurdido na nosa vila. Os integrantes do combo do Obradoir de música moderna Carlos Barruso explicaron a todos e todas as asistentes o funcionamento desta escola de música. Acompañaron a presentación coa magnifica interpretación dunhas pezas musicais que foron ovacionadas polo público.

O CORO DO IES PL. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ COMEZA AS SÚAS ACTIVIDADES

GÚSTACHE CANTAR?

ESTÁS CONVIDADO/ESTÁS CONVIDADA

INICIO DO CURSO DA EPA

O próximo xoves 26 de setembro, ás 19 h., terá lugar a presentación das ensinanzas de persoas adultas, ESA e BACHARELATO SEMIPRESENCIAL.Na Biblioteca do centro.

 

As clases darán comezo o venres 27 de setembro no horario correspondente.

 

IES  PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ