Skip to Content

MULLERES NA CIENCIA

 

Acaba de rematar a exposición "Mulleres na Ciencia" que, dende o día 16 de outubro e ata hoxe mesmo, tivemos no corredor do centro. Agradecemos profundamente que puideramos aprender tanto e tan ben co saber que nos paneis se amosa á Fundacion Española para a Ciencia e a Teconoloxía, á Universidade de Vigo e á eXXperimenta en feminino.

Durante estas semanas, cada clase foi baixando e cubrindo un cuestionario que vos obrigaba a ir lendo a información sobre todas e cada unha das mulleres que aí aparecían. RECORDADE: agora os distintos correctores dos departamentos das materias de ciencias están a corrixir os vosos traballos. Teremos un ou unha gañadora por aula; quen contestara máis preguntas das 34 que tiñades que facer terá premio seguro.

Quen serán @s gañadores/as??? Pois haberá que esperar e ter paciencia, igual que para coñecer o valor do premio.

 

 
MULLERES NA CIENCIA


image | by Dr. Radut