Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Premios para o IES Leixa
O estudante do ciclo medio de Preimpresión dixital José Antonio Lage Varela e o grupo do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia veñen de gañar as dúas modalidades de imaxe gráfica e de audiovisual do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.