Punto Laranxa contra o acoso escolar

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

31/03/2016

biblioteca do IES LEIXA convoca este concurso de fotografía co fin de fomentar a lectura nun espazo aberto. Poderá participar neste concurso todo o alumnado matriculado no curso actual no IES Leixa.

O tema principal son os libros e as paisaxes literarias. As fotografías deberán incluir un libro e unha paisaxe relacionada ca temática do libro. A fotografía (tamaño 15 x 20) entregarase en conserxería do 18 ao 20 de abril 2016. Así que se eres bo fotógrafo/a e gústache ler, participa neste concurso. O premio será unha tablet.

Consulta as bases e se tes algunha dúbida, diríxete ao equipo de biblioteca. BOA SORTE!

 

lavoz_01042016

Powered by Drupal - Design by artinet