Punto Laranxa contra o acoso escolar

Concurso para o deseño da mascota da Biblioteca

 
CONCURSO PARA O DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA
 
1. CONCURSANTES:
Poderán participar neste concurso todo o alumnado do instituto. 
 
2. DESEÑO DA MASCOTA:
A mascota debe ser orixinal. Pode ser un animal, un ser inventado pero en todo caso un ser vivo. En ningún caso se admitirán deseños plaxiados doutros existentes. Acompañando ao debuxo os participantes escribirán un eslogan ou frase curta referida á lectura como fonte de diversión, aventura, lecer… 
Os traballos realizaranse en papel, debuxados a man ou realizados por medios informáticos, e deben respectar un tamaño máximo dun folio (DIN A4). 
 
3. PRESENTACIÓN:
Os traballos entregaranse sen asinar e sen o nome do autor/a. Para garantir o anonimato da autoría introduciranse os datos dos participantes, nome completo e curso/grupo no que está matriculado, nun sobre branco e pechado que se grampará ao debuxo. No exterior do sobre, o/a participante deberá indicar o seu eslogan.  Cada participante poderá presentar un único debuxo.
 
4. LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN: 
Todos os traballos deben entregarse de maneira impresa. O prazo de entrega remata o 28 de marzo 2014, incluído. Os traballos serán entregados en conserxería e se gardarán nunca caixa especialmente habilitada para o concurso e custodiada na vicedirección do centro. Os que non cumpran os requisitos dos apartados 1, 2 e 3 quedarán eliminados. 
 
5. XURADO:
O xurado do concurso estará formado por 4 membros do grupo de docentes responsables da biblioteca e a coordinadora da biblioteca. O xurado poderá declarar deserto o premio e en todo caso, o fallo será inapelable. 
 
6. PREMIO:
A elección do traballo gañador realizarase durante a primeira semana de abril e o día 4 de abril  farase público a través da Biblioteca e da web do centro. O autor/a do debuxo gañador recibirá como agasallo un libro electrónico e un título de recoñecemento a súa arte. Serán entregados na biblioteca durante o recreo o luns 7 de abril.
 
7. DIFUSIÓNS DO DESEÑO GAÑADOR:
O traballo premiado será utilizado para as actividades da biblioteca do IES Leixa. O autor/a ga-ñador/a do concurso cederá todos os dereitos de reprodución da súa obra, sen dereito a percepción compensatoria algunha, salvo o premio outorgado. Os demais participantes disporán de 30 días para retirar a súa obra, agás o debuxo gañador. Transcorrido o devandito prazo, entenderase que os autores/as renuncian á retirada dos exemplares dos seus traballos.
 
8. ACEPTACIÓN DAS BASES:
A participación no concurso, supón a aceptación de todas as presentes bases na súa totalidade e a conformidade coa decisión do xurado.
AdxuntoTamaño
mascota_2014.pdf224.26 KB

Powered by Drupal - Design by artinet