Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Novas da Consellería de Educación - RSS
- Román Rodríguez agradece á CIUG o traballo desenvolto nos últimos meses que converte a Galicia na primeira comunidade do Estado en ter publicados os modelos de proba de acceso á universidade
- A Xunta e a Asociación de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia colaboran para impulsar a acreditación de competencias neste eido
- A Xunta mellora a confortabilidade do colexio da Lama, en Pontevedra, coa impermeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca
- Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional
- Documento informativo correspondente á Fase 2 do programa Observa_Acción
Novas de FP - RSS
- Proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial 2024-2025
- Listaxe definitiva de admitidos e excluídos da 2ª convocatoria 2024 de carnés e habilitacións profesionais
- Resolución das axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
- Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025
- Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025
Blogues
Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos
Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos -
Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.
Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.
ORDE do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.
Nas seguintes ligazóns pode consultar os mapas da oferta de formación profesional para o curso académico 2018/2019:
Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).
- O prazo de reclamación contra a lista provisoria de persoas admitidas e exluídas comeza o mércores día 23 de maio e remata o martes día 29 de maio de 2018. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na base cuarta da Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG nº57, do 21 de marzo)"
Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018
Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018 -
Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2018.
- Máis información sobre a convocatoria
Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro
Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro -
No acto de presentación, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que “unir o libro e os dominios .gal de internet é xuntar nun mesmo proxecto dous dos axentes máis importantes da cultura galega e en galego, un de tan longa tradición como prometedor futuro e outro que representa a innovación e a extensión da nosa lingua aos novos espazos de comunicación xurdidos nas últimas décadas”.
A canda Valentín García, interviñeron na presentación desta iniciativa o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Antón Pedreira e a directora do IES Leixa, Ana María Roel, que actuou como anfitrioa.
12.000 marcapáxinas que unen a lectura e internet
As 12.000 copias de marcapáxinas que integran esta campaña distribuiranse en todas as feiras do libro de Galicia e en case duascentas librarías galegas. Incoporan, en forma de código, a posibilidade de obter un dominio .gal por só 15€ + IVE. Desta maneira, únese nunha mesma acción a lectura e internet , fórmula elixida polos organizadores para celebrar o próximo Día do Libro. Ata fin de existencias, os compradores recibirán un marcapáxinas con cada exemplar adquirido nos establecementos sumados á iniciativa.
A promoción comeza este mesmo 23 de abril e estará activa ata o 31 de agosto. Os códigos poden validarse en calquera das dúas empresas rexistradoras que participan: Dinahosting e CdMon. Toda a información pódese atopar na web do dominio .GAL: www.dominio.gal/promocions.
Participación dos estudantes
Arredor de vinte estudiantes do IES fixeron as súas propostas para animar á lectura, dos que PuntoGal seleccionou cinco modelos finalistas. Os cinco marcapáxinas escollidos, que poderán descargase xunto co resto dos presentados polos estudantes na web de PuntoGal (asociacion.gal), son da autoría de Julio Santiso Barreiro, Aida Bao Estévez, Tamara Álvarez Castro, Natalia Romero Díaz e Borja Rey Estévez.
Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP
Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -
Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.
Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).
Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.
- Ficha do proxecto en FPInnova 2017
- Vídeo do proxecto en FPInnova 2017
- Máis información sobre os premios a proxectos de innovación na FP
Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP
Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -
Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.
Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).
Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.
- Ficha do proxecto en FPInnova 2017
- Vídeo do proxecto en FPInnova 2017
- Máis información sobre os premios a proxectos de innovación na FP
Os centros de secundaria deberán ofertar a materia de Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para todos os alumnos
Polo tanto, a Consellería establecerá, a través dunha orde ou dunha instrución, que a materia de Filosofía que se imparte en 1º de bacharelato siga a ser troncal obrigatoria, con 3 horas. No caso da materia Historia da Filosofía, seguirá a impartirse en 2º de bacharelato como troncal de opción e será obrigatoria 4 horas) para o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. No caso do alumnado que curse outras das modalidades de bacharelato, os centros educativos teranlles que ofertar de xeito obrigatorio esta materia para que podan escoller esta materia de 2º como específica.
A intención do departamento educativo da Xunta de Galicia é publicar a normativa correspondente ao longo do presente trimestre, para que estea en vigor o vindeiro curso, e de xeito que os centros se poidan organizar con tempo suficiente.
Román Rodríguez explicou tamén que o seu departamento comunicara ao Ministerio do ramo o consenso acadado no Parlamento de Galicia respecto da necesidade de propiciar, nos traballos do denominado Pacto educativo, un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia.
Actualización da normativa de validacións de módulos profesionais
Actualización da normativa de validacións de módulos profesionais -
Publicada a Orde ECD/1055/2017, do 26 de outubro, pola que se modifica a Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro, pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación profesional do Sistema Educativo Español.
Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016
Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016 -
Xúntase a Orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Oferta formativa de FP para o curso 2014-2015 en centros sostidos con fondos públicos
Oferta formativa de FP para o curso 2014-2015 en centros sostidos con fondos públicos -
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.
A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.
Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario na modalidade presencial, e a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2014-2015, clasificadas por provincia e concello, así como por familia profesional e ciclo:
Réxime ordinario na modalidade presencial:
- Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 14.06.2014)
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 14.06.2014)
Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
- Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 14.06.2014)
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 14.06.2014)
Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
- Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 14.06.2014)
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 14.06.2014)
Normativa relacionada