Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Física e química

Masterclass física de partículas

Durante a mañá participamos nunha masterclass de Física de Partículas.

A iso das 11:30 faremos unha práctica en liña, e pola tarde un test en colaboración co CERN en Xenebra.

Grupo traballando

Analizando trazas de colisións

Analizando trazas de colisións

Momento no que atopamos o Bosón de Higgs

Calendario exames de Física e Química

  • 2º ESO
    • Recuperación 2ª: 22 de maio
    • 3ª avaliación: 8 xuño
    • Final de recuperación: 15 xuño
  • 3º ESO
    • Recuperación 2ª: 19 de maio
    • 3ª avaliación: 5 xuño
    • Final de recuperación: 17 xuño
  • 4º ESO
    • Recuperación 2ª: 21 de maio
    • 3ª avaliación: 8 de xuño
    • Final de recuperación: 15 de xuño
  • 1º BAC
    • Recuperación 2ª: 12 de maio
    • 3ª avaliación: 9 xuño
    • Final de recuperación: 16 xuño
  • 2º BAC QUÍMICA
    • Examen 1º 3ª avaliación: 6 de maio
    • Recuperación 2ª: 11 de maio
    • Examen 2º 3ª avaliación: 25 de maio
    • Final de recuperación: 1 xuño
  • 2º BAC FÍSICA
    • Recuperación 2ª: 11 de maio
    • 3ª avaliación: 25 de maio
    • Final de recuperación: 1 xuño

Actividades para as próximas semanas en Física e Química

A partir do luns 16, o alumnado de Física e Química de todos os cursos da ESO e BAC deben consultar a aula virtual para o seguimento da materia. Atentos ao foro de novas no comezo de cada curso para recibir instrucións.

 

Se algún alumno ten problemas de acceso, que contacte no correo de secretaría:

secretaria.leiras@gmail.com

Bo Nadal

Bo Nadal de parte dos profes de Física e Química.

A árbore de disolucións, elementos químicos e leds foi obra de Carmen Meilán.

Que bonitaaaaaaa!!!

Observación ceo co telescopio

Mañá xoves a partir das 18:30 sacaremos o telescopio ao patio para a observación de Venus, Saturno, a lúa e a galaxia de Andrómeda.

 

E isto foi o que vimos:

Lúa Andrómeda Saturno

 

Visita CiQUS de alumnado de química de 2ºBAC

Os alumnos do IES Leiras Pulpeiro que cursan a materia de Química de 2º BAC visitaron,  en Santiago de Compostela  o pasado luns 18 de novembro, o Centro Singular de Investigación de Química Biolóxica (CiQUS), acompañados dos seus profesores Belén Villar e José Manuel Traseira.

Os alumnos realizaron o seguinte programa, supervisado polos investigadores do centro: liñas de investigación do CiQUS, equipos  de  instrumentación científica (RMN, cromatografía de gases e líquidos, espectómetros de masas e IR, …), taller de experimentos e demostracións químicas e físicas, ponencia da Química como profesión de futuro e,  finalmente,  os alumnos fixeron eles mismos  no laboratorio unha síntese  dun medicamento: o paracetamol.

A visita, aínda que moi condensada no tempo, resultou moi proveitosa para os alumnos, que se achegaron ao coñecemento da investigación en Química.

Máis fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/Ai2rrWs6VytK1SR26

Participación do IES Leiras Pulpeiro nas Xornadas de Xuvenciencia da USC

O noso centro, a través dos profesores do  departamento de Física e Química: Belén Villar, Luis Vázquez e José Manuel Traseira, estiveron presentes nas xornadas de Xuvenciencia para profesores desenvoltas ao longo do presente curso, e que foron organizadas pola USC no campus de Lugo.

Nesta última xornada celebrada o pasado 22 de marzo, estes profesores presentaron o traballo  titulado: “Determinación da lonxitude de onda dun Láser e medida do diámetro dun cabelo mediante Difracción”, recopilando os resultados obtidos nas prácticas de laboratorio polos  alumnos que cursan Física de 2º BAC do noso centro.

Podes descargar aquí o contido do artigo.

Visita a Coruña

O departamento de Física e Química levou ao alumnado de segundo a visitar hoxe a Casa das Ciencias e a Domus en Coruña. 

 

FISICA 2º BAC

Experimento gota de aceite de Milikan. Vídeo: https://youtu.be/hf2rA_QXMBU

Distribuir contido


by Dr. Radut