MATERIAL 2º BAC HMD
Ola a todos,
Acabo de subir á aula virtual o tema seguinte do temario que sería O Clasicismo. Subín apuntes para que os vaiades lendo e a lista de audicións para que as vaiades buscando CON CALMA en youtube. Irei subindo nos próximos días actividades escritas e de audicións tanto do tema novo como do anterior, e tamén as correccións desas actividades para a vosa autoavaliación. Non hai ningún tipo de prazo para facer estas actividades, as ides facendo cando vos pareza e as correxides cando vos pareza. Só vos pido que anotedes a calificación unha vez correxida para informarme das mesma canto todo isto remate e volvamos ás aulas.
Tampouco podo concretar cando subirei material novo, xa que me supón un gran esforzo manter o día todo o material para tantos cursos e niveis que imparto, e tedes que pensar que debo atender tamén a dous nenos pequenos na casa. Pídovos paciencia e calma. xa se verá como se resolve esta situación, pero pola miña parte podedes ter a seguridade de que tentarei facilitarvos o máis posible as cousas.
Como sempre, resolverei calquera dúbida que teñades no meu correo: mariac@edu.xunta.es
Coidádevos moito.
Ánimo.
Unha aperta:
María