Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

MATERIAL PARA ALUMNADO DE MARÍA (ESO -1ª BAC) MENTRES DURE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

 Ola a todos:

Posto que esta situación vaise alongar bastante, a miña intención é ir subindo de vez en cando material de música para que nos olvidedes os contidos traballados durante o curso. Enviarei sobre todo fichas de exercicios e a súa corrección para que podades autoavaliaros, tal como fixemos sempre en clase. Recordade que os exrecicios valen sempre un punto a menos que se indique outra cousa e que ese punto se divide nos apartados que aparezan ( 5 apartados =0,2 cada un; 4 apartados = 0, 25 cada un; etc...) No caso de que unha pregunta non teña apartados claros, lembrade a regra (-0,2 por cada erro) Tentade sempre darvos unha nota en cada ficha, para saber cómo ides na materia e porque tal vez podamos usar eses traballos de cara á terceira avaliación, algo que aínda non sabemos.

En breve terei que ir subindo materia nova para os diferentes niveis para avanzar un pouco no temario, sempre contidos  adaptados que non vos supoñan un gran esforzo de comprensión Xa iremos vendo..

Tamén propoñereivos algunha actividade prática xunto co dpto. de TIC, relacionada coa creación de vídeos musicais. Polo momento xa hai unha proposta para o alumnado de 1º de BAC. Atentos ás novas da páxina do centro.

Pensade que a creación de material lévame o meu tempo, xa que non dispoño en casa de todo o que teño no ordenador da aula e son moitos os niveis diferentes onde  imparto clase. Sede pacientes.

Cuidádevos moito e resitide!!!

Un saúdo:

María



story | by Dr. Radut