Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

3º ESO (Ana Dopazo)

Bo día.
 
Debido á suspensión das actividades lectivas entre os días 16 e 27 de marzo, os exames de gramática e literatura que estaban previstos para esta semana realizaranse o primeiro día posible da reincorporación ás aulas.
 
 De momento, non vos poño traballo extra porque considero que debedes aproveitar para preparar ben ditas probas. Pero no caso de que o período de suspensión se alongase, volverei contactar con vós para indicarvos que contidos e exercicios debedes ir preparando para a volta.
 
No caso do alumnado de 3ºD, sabedes que quedou pendente a proba de lectura do 2º trimestre (Relato de un náufrago). Debedes descargar e cubrir o test enviado por correo electrónico (vai en word para que podades escribir sobre el) e que está no arquivo adxunto e reenviarmo antes do día 23 de marzo. Se algún non o recibe, poñédevos en contacto comigo a través do correo anadopazo.literatura@gmail.com
 
Unha aperta, coidádevos moito e sede prudentes cumprindo o aillamento.


story | by Dr. Radut