Visita CiQUS de alumnado de química de 2ºBAC
Os alumnos do IES Leiras Pulpeiro que cursan a materia de Química de 2º BAC visitaron, en Santiago de Compostela o pasado luns 18 de novembro, o Centro Singular de Investigación de Química Biolóxica (CiQUS), acompañados dos seus profesores Belén Villar e José Manuel Traseira.
Os alumnos realizaron o seguinte programa, supervisado polos investigadores do centro: liñas de investigación do CiQUS, equipos de instrumentación científica (RMN, cromatografía de gases e líquidos, espectómetros de masas e IR, …), taller de experimentos e demostracións químicas e físicas, ponencia da Química como profesión de futuro e, finalmente, os alumnos fixeron eles mismos no laboratorio unha síntese dun medicamento: o paracetamol.
A visita, aínda que moi condensada no tempo, resultou moi proveitosa para os alumnos, que se achegaron ao coñecemento da investigación en Química.
Máis fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/Ai2rrWs6VytK1SR26
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG-20191118-WA0007.jpg | 152.94 KB |