Participación do IES Leiras Pulpeiro nas Xornadas de Xuvenciencia da USC
O noso centro, a través dos profesores do departamento de Física e Química: Belén Villar, Luis Vázquez e José Manuel Traseira, estiveron presentes nas xornadas de Xuvenciencia para profesores desenvoltas ao longo do presente curso, e que foron organizadas pola USC no campus de Lugo.
Nesta última xornada celebrada o pasado 22 de marzo, estes profesores presentaron o traballo titulado: “Determinación da lonxitude de onda dun Láser e medida do diámetro dun cabelo mediante Difracción”, recopilando os resultados obtidos nas prácticas de laboratorio polos alumnos que cursan Física de 2º BAC do noso centro.
Podes descargar aquí o contido do artigo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
determinacion_lonxitude_onda_laser_cabelo_difraccion.pdf | 619.86 KB |