Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de departamentos

1º BAC

Adxunto a ficha de exercicios que subín a semana pasada, por se hai algún alumno que  non poda acceder á aula virtual, xunto coa ficha correxida para a vosa autoavaliación.

Un saúdo:

María

MATERIAL PARA ALUMNADO DE MARÍA (ESO -1ª BAC) MENTRES DURE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

 Ola a todos:

Posto que esta situación vaise alongar bastante, a miña intención é ir subindo de vez en cando material de música para que nos olvidedes os contidos traballados durante o curso. Enviarei sobre todo fichas de exercicios e a súa corrección para que podades autoavaliaros, tal como fixemos sempre en clase. Recordade que os exrecicios valen sempre un punto a menos que se indique outra cousa e que ese punto se divide nos apartados que aparezan ( 5 apartados =0,2 cada un; 4 apartados = 0, 25 cada un; etc...) No caso de que unha pregunta non teña apartados claros, lembrade a regra (-0,2 por cada erro) Tentade sempre darvos unha nota en cada ficha, para saber cómo ides na materia e porque tal vez podamos usar eses traballos de cara á terceira avaliación, algo que aínda non sabemos.

En breve terei que ir subindo materia nova para os diferentes niveis para avanzar un pouco no temario, sempre contidos  adaptados que non vos supoñan un gran esforzo de comprensión Xa iremos vendo..

Tamén propoñereivos algunha actividade prática xunto co dpto. de TIC, relacionada coa creación de vídeos musicais. Polo momento xa hai unha proposta para o alumnado de 1º de BAC. Atentos ás novas da páxina do centro.

Pensade que a creación de material lévame o meu tempo, xa que non dispoño en casa de todo o que teño no ordenador da aula e son moitos os niveis diferentes onde  imparto clase. Sede pacientes.

Cuidádevos moito e resitide!!!

Un saúdo:

María

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 3

 Nos arquivos adxuntos tedes novamente as solucións das actividades da semana pasada para realizar o traballo de autocorrección nos vosos cadernos tal como vos indicamos nas instrucións. 

O último arquivo contén as vosas tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril.

Con 2º de BAC continúa o contacto por correo electrónico.

Moita forza! Xa é un día menos!

 

 

Orientación: Alumnos 2° Bacharelato / Nota de prensa ABAU

Déixovos o enlace á nota de prensa relativa as probas ABAU, publicada pola ciuga. Cuando haxa información oficial  publicareino aquí

https://ciug.gal/gal

Alumnos de 1º ESO, grupos B y D, de Lengua Castellana y Literatura

Tenéis que enviarme al correo electrónico luciaabuinabel@gmail.com el trabajo que os mandé sobre el libro de lectura. Acordaos que teníais que leer un libro, hacer un resumen y analizar el narrador, personajes, tiempo y espacio. Fecha límite el 3 de abril.

También debéis entrar en el aula virtual del IES (Lengua Castellana 1º ESO, profesora Lucía Abuín, entráis como convidados) y hacer los ejercicios interactivos que están allí. Estad pendientes de la web y aula virtual del IES para nuevas actividades.

3ºESO PREGUNTAS Exame 3ª avaliación

   Moi boas!!. Tedes publicadas na Aula Virtual unha relación de preguntas relativas ó exame teórico da 3ª avaliación.

   Un saúdo!!.

4º ESO LINGUAXE MUSICAL

Adxunto unha ficha de exercicios de Linguaxe Musical para imprimir e a corrección da ficha para a vosa autocomprobación. Tedes este mesmo material tamén na aula virtual.

Trabajo Orientación AFOTL (alumnado Luisa)

Publicada tarea 1 del trabajo final del curso de Orientación.

Publicada tarea 2. Tarea 3 próximamente.

Bioloxía 2ºBAC

Envíovos un arquivo de voz coas indicacións de xenética.

Distribuir contido


by Dr. Radut