Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de departamentos

MATERIAL ALUMNADO DE MARÍA (ESO E 1º BAC)

Ola a todos:

Sobre o material que vou subindo quería facer varias consideracións: 

  • Tentarei sempre que poda subir a corrección das fichas de exercicios para  que vos autoavaliedes.
  • Non é necesario que me enviedes os vosos exercicios ó correo, porque sinceramente, non me vexo capaz de correxir todo. 
  • Non hai ningún prazo para facer as actividades,  As ides facendo cando poidades, con calma.
  • Pídovos que sempre as corrixades e vos poñades unha nota en cada exercicio que pode ser que vos pida máis adiante para saber como ides.
  • Non podo concretar ningún momento da semana para subir material novo, xa que sodes moitos niveis e moitos cursos, a realización desas fichas e material require de bastante traballo e tempo pola miña parte e a miña situación en casa con dous nenos pequenos tampouco axuda. Por iso prégovos que miredes de vez en cando as novas do departamento de música e a aula virtual e vaiades organizando as actividades novas que atopedes como creades mellor.

Como sempre, resolverei calquera dúbida e estarei encantada de contactar con vos no meu correo: mariac@edu.xunta.es

Ánimo e coidádevos moito.

Unha aperta:

María

MATERIAL 2º BAC HMD

Ola a todos,

Acabo de subir á aula virtual o tema seguinte do temario que sería O Clasicismo. Subín apuntes para que os vaiades lendo e a lista de audicións para que as vaiades buscando CON CALMA en  youtube. Irei subindo nos próximos días actividades escritas e de audicións tanto do tema novo como do anterior, e tamén as correccións desas actividades para a vosa autoavaliación. Non hai ningún tipo de prazo para facer estas actividades, as ides facendo cando vos pareza e as correxides cando vos pareza. Só vos pido que anotedes a calificación unha vez correxida para informarme das mesma canto todo isto remate e volvamos ás aulas.

Tampouco podo concretar cando subirei material novo, xa que me supón un gran esforzo manter o día todo o material para tantos cursos e niveis que imparto, e tedes que pensar que debo atender tamén a dous nenos pequenos na casa. Pídovos paciencia e calma. xa se verá como se resolve esta situación, pero pola miña parte podedes ter a seguridade de que tentarei facilitarvos o máis posible as cousas.

Como sempre, resolverei calquera dúbida que teñades no meu correo: mariac@edu.xunta.es

Coidádevos moito.

Ánimo.

Unha aperta:

María

ABAU. Nota de prensa.

Déixivos  o enlace á nota de prensa publicada pola ciuga : datas ABAU

https://ciug.gal/gal

Tercera semana trabajo Lengua 1º ESO A

Hola a todos/as

Para esta semana os propongo el trabajo siguiente:

_ Ejercicios de repaso (envío documento adjunto)

_ Lectura de la Pág 14 del libro de texto y los ejercicios de la pág 15: 1,2, 3, 4, 6, 7 y 8.

Los debéis enviar a mi correo gelidapena@gmail.com como muy tarde el viernes día 3 de abril.

 

SOLUCIÓN EXERCICIOS DE COMPASES (2ºESO)

No ficheiro tedes a solución dos exercicios de linguaxe musical sobre compases.

SOLUCIÓNS AVE MARÍA E TRES EXERCICIOS (3ºD ESO)

Nos ficheiros adxuntos tedes as solucións da audición do Ave María  e dos tres exercicios de linguaxe musical.

NUEVAS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS PROPUESTAS PARA 4º ESO GRUPO A ( BELÉN)

Hola chic@s en el documento adjunto os dejo las nuevas tareas.

Mucho ánimo

Un saludo

NUEVAS ACTIVIDADES PROPUESTAS DE MATEMÁTICAS PARA 3º ESO GRUPOS B/D ( BELÉN)

Hola chic@s en el archivo adjunto os dejo el nuevo tabajo

Mucho ánimo

Un saludo

Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Cristina Gómez)

A continuación podedes ver no arquivo adxunto, as tarefas desta 3ª semana de confinamento para 1ºESO, e a programación de Aprendemos en Casa de TVE2 adicado á Bioloxía e Xeoloxía (3 Abril).

Xa queda menos!! ;) 

Distribuir contido


by Dr. Radut