O noso Renacuajo fallou! pero non importa, pasámolo ben...

O pasado venres 24 de abril, fomos participar ao I Concurso de Robótica a Escola de Enxeñería Industrial en Vigo.

Levábamos dous Robots Sigue Líneas que funcionaban moi ben...

Decidimos que participara o Renacuajo e debeulle temblar as pernas... na última recta parouse!

De todos xeitos íamos ser terceiro ou cuarto, no caso mais favorable... Os rivais foron dignos.

Aprendemos que o importante é participar! Pasar, pasámolo ben, outra vez será!

 

...mirade o vídeo!

 

    ...e mirade as fotos!

 

Ler mais: Faro de Vigo - Noticia

 

 

Nos nosos corazóns

 

RAQUEL CUIÑA PÉREZ

A Comunidade Educativa do IES LAXEIRO

Na túa lembranza 

 

O soño vai rubindo polas veas do arbre

unha vida enteira que pasa

ate facerse paxaro nunha ponla

un paxaro que recorda canta e vaise

denantes de que todos os arbres morran.

(Álvaro Cunqueiro)

 

"Zapatillas rotas" de Xabier Quiroga, Premio da Crítica 2014

zapatillas rotas

 

O pasado fin de semana recibiamos con grande ledicia a nova do Premio da Crítica na categoría de narrativa en galego a Zapatillas rotas, a novela do compañeiro e profesor de Lingua e Literatura Galegas Xabier Quiroga, premio que xa obtivera en 2010 coa súa novela anterior, O cabo do mundo. Os Premios da Crítica, considerados entre os máis prestixiosos do estados español, leva distinguido en edicións anteriores, entre outros, a autores como Luz Pozo, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Víctor Freixanes ou Manuel Rivas.
O portavoz do xurado, R. Nicolás, destacou  que “Zapatillas rotas é unha obra sobre a busca da identidade”, citando entre as calidades do texto “a mestría do autor na combinación de recursos narrativos, así como o tratamento da vellez cunha visión crítica e case cáustica, que tamén dá pé ao humorismo e o divertimento”.
Un recoñecemento que ven a confirmar a X. Quiroga como un dos nosos grandes narradores actuais. E, por suposto, un orgullo contar entre nós cunha persoa da valía, literaria e humana, de Xabier. Moitos parabéns!
Entrevista ao autor no Diaro Cultural da Radio Galega (min. 5.50 ao 12), xunto ao galardoado no apartado de poesía, Gonzalo Hermo.

...E Coruña tremeu


O LAXEIRO : PERIODISTAS E SOLDADOS.

 

Os alumnos de 3º y 4º PDC  e o grupo de 2º de ESO C visitaron o 14 de abril as instalacións da Voz de Galicia no polígono de Sabón. Pasearon pola redación do periódico, polos enormes almacéns de papel da empresa e contemplaron a rotativa de dúas plantas e de 24 metros de largo onde se crean cada noite os máis de 120.000 exemplares do periódico que diariamente saen desta planta coruñesa. Tamén visitamos o museo Santiago Rey Fernández La torre. Alí  os alumnos  puideron ver periódicos de todos os rincóns do  mundo  e cabeceiras de  épocas  remotas . Tamén botaron un ollo ao  periódico galego máis antigo: O Catón Compostelano de 1800, unha xoia periodística que o museo contén.

Pola tarde e tras unha breve concesión ao ocio por Marineda …ejem, ejem… aproveitamos o bo día de primavera e nos paseamos polo Paseo do Parrote e polo peirao de trasatlánticos. Ata vimos zarpar un…

Ás 4 da tarde armados cos nosos uniformes dezanos xogamos a ser soldadiños no Castelo de San Antón. O Castelo é pequeno, pero non quedou un recuncho sen visitar dende o alxibe ata o torreón.

O día deu para moito e ata fomos quen de perder unha pelota de fútbol que tivemos que deixar aboiando nas augas do porto da cidade. Os do Laxeiro somos únicos …

Para fotos do superevento, clica aquí.

Visita ao parque experimental de Sotavento

Como xa ven sendo tradicional, o pasado mércores 9 de abril de 2015 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade  de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. 

Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respetuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.

Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía

Intercambio - Échange IES Laxeiro - Lycée Champ-Blanc

Neste curso 2014-15, 24 alumnos do IES Laxeiro, de 4º ESO e 1º Bacharelato, teñen a oportunidade de participar nun intercambio cun grupo de 22 alumnos do Lycée Champ-Blanc (Le Longeron, Francia).

Este é o IX intercambio que desenvolvemos xunto con este centro educativo francés.

Neste caso decidimos estudar o tema das nosas lendas e tradicións.

Do 21 ao 28 de marzo acollemos en Lalín o grupo francés. Durante esa semana, os alumnos franceses viviron nas casas dos seus compañeiros de intercambio, asistiron a clases no IES Laxeiro e participaron en varias actividades relacionadas co tema central do intercambio.

Concretamente, visitamos a nosa vila e coñecemos os seus persoeiros ilustres; fomos á Coruña para traballar sobre as lendas relacionadas coa Torre de Hércules e sobre María Pita; e finalmente entramos en contacto co Camiño de Santiago, percorrendo o tramo que nos leva de Palas de Rei a Melide e visitando a zona vella de Santiago de Compostela.

Do 25 de abril ao 03 de maio, tocaralles aos alumnos do IES Laxeiro viaxar a Le Longeron.

Tamén residirán nas casas dos compañeiros de intercambio e participarán en diversas actividades organizadas polo Lycée Champ-Blanc: estudarán a dous persoeiros famosos desa zona de Francia, Jules Verne e Barba Azul.

Por suposto, terán a oportunidade de visitar as cidades de Nantes, Cholet, Tiffauges...

Se vos interesa esta actividade e queredes seguir o seu desenvolvemento, non dubidedes en visitar o sitio web que elaboramos entre todos: https://sites.google.com/site/champblanclaxeiro/echange-2014-2015

O IES Laxeiro participa no Parlamento Xove 2015

Parlamento Xove 2015Dous equipos do IES Laxeiro participan na fase preliminar de Bacharelato do Parlamento Xove 2015.
O Parlamento Xove é un concurso de debate no que participan 48 equipos de Institutos de Galicia.
A fase preliminar terá lugar o sábado 28 de febreiro no Pazo de Mariñan, en Bergondo, a partir das 9:00 h..
O IES Laxeiro participa con dous equipos:
 

  1. O primeiro equipo esta formado por Alba Tomé, Uxía Adán, Alejandro Carral e Andrea Roqueiro, e coordinado polo profesor Manuel Igrexas.
  2. O segundo equipo está formado por Belén Fernández, Marcos Diéguez, Andrea González e Iván Calvo, e coordinado pola profesora Sara Castro.

 
Máis información sobre o debate: http://www.parlamentoxove.com/

Pódense consultar os resultados en tempo real en: http://www.parlamentoxove.com/index.php/Novas/Novas/resultados-a-tempo-real.php

No IES Laxeiro tamén celebramos o Día de Rosalía

[24 de febreiro] Tamén no IES Laxeiro celebramos o Día de Rosalía.

Sumámonos á proposta da AELG de celebrar o Día de Rosalía cun vídeo para conmemorar e celebrar o Día de Rosalía.

-

No IES Laxeiro pintamos moito!

 

 

 

 

 

 

 

 Estamos de noraboa!

A nosa alumna Noelia Vázquez Val de 1º ESO C, resultou galardoada co 1º premio na categoría infantil do IX Concurso de Pintura Fefriga coa súa obra "A seitura".

Felicidades tamén a Anabel Ramos Bendoiro -de 3º ESO- polo seu 5º premio na categoría junior co seu traballo "Mountain Cow".

Mastigamos saúde...

O vindeiro luns 23 de febreiro continuaremos no Laxeiro co segundo periodo de reparto de froita durante os recreos para todo o alumnado do Centro; xa sabedes, a froita estará na entrada do pavillón A.

Trátase dun programa promocionado e subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria, (FOGGA), e desde o noso Centro queremos recordarvos a necesidade de manter unha vida sá que se consegue cunha boa alimentación acompañada de exercicio físico diario.

Distribuir contido