Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
1º Premio de Investigación científica Luis Freire na súa XV ediciónO pasado sábado día 8 de xuño de 2013, o alumno de 4º de ESO Rubén Carballude Reboredo, gañou a XV edición do premio "Luis Freire" de investigación científica en ESO. Con anterioridade quedara finalista xunto a outros catro traballos de centros de Santiago, Cambre e Viana do Bolo. No traballo: "A que velocidade se moven os caracois?", calculou a velocidade destes animais despois de crearlles un hábitat para observar os seus costumes, base para deseñar as actividades de cálculo dos valores de velocidade. O traballo foi dirixido polo profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Luís Jar Pereira, e ámbolos dous disfrutarán dunha viaxe a finais do mes de xuño por terras de Asturias e Cantabria, para visitar museos, covas e restos arqueolóxicos.
» |
Novos números
|