O xoves 11 de marzo a partir das 19.30 haberá un concerto para recadar fondos para a excursión de fin de etapa, que este ano será a Londres os días 9 a 14 de abril. Este concerto está organizado en colaboración coa Escola Municipal de Música de Carnota.
Celebrarase no salón de plenos do Concello de Carnota, a aportación será de 3 euros (menores de 12, gratis) e tamén se sorteará un reprodutor de música. Ademais das actuacións musicais representarase tamén unha obra de teatro.