Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo, o alumnado de 3º de PDC realizou un traballo de investigación sobre mulleres galegas de hoxe, mulleres vivas e activas, que están traballando nos distintos ámbitos da sociedade e ás que queriamos facer máis visibles para todos vós.
Cada alumno ou alumna dedicouse a un ámbito concreto e entre todos elaboraron esta presentación conxunta para difundir un chisco máis a súa imaxe e obra. Os ámbitos traballados foron os seguintes: actrices, artistas plásticas, científicas, deportistas, escritoras, músicas, políticas e, finalmente, mulleres anónimas. Aquí tedes a presentación.