Día da Muller Traballadora 2011
Este ano o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, coincide durante as vacacións de Entroido mais non por iso deixamos de chamar a atención sobre esta data e sobre a necesidade de visibilizar as mulleres e as súas obras.
Escollemos para ilustrar esta páxina unha magnífica ilustración de Luís Seoane (vén de celebrarse o centenario do seu nacemento) e na que nos presenta a mulleres moi próximas a todos nós, "As mariscadoras" pintado no ano 1969
Con este motivo propoñemos a consulta de varias ligazóns de interese:
- Álbum de mulleres que aparece en culturagalega.org
- Especial de Vieiros sobre esta conmemoración
- A unidade didáctica elaborada pola Secretaría da Muller do sindicato STEG
- A proposta didáctica elaborada pola CIG-Ensino
- Artigo de opinión sobre a situación das mulleres na actualidade escrito por Pilar García Negro
- Campaña de feminización da Real Academia Galega
- Recompilación de traballos elaborados por outras bibliotecas e equipos de normalización que nos presenta o blogue Trafegando ronseis
Ademais, unha vez máis, animámosvos a vir á biblioteca para consultar información sobre mulleres. Aquí podedes atopar as súas biografías, a análise das súas obras, as súas propias creacións en distintas versións: libros ensaísticos, literatura de ficción, películas, banda deseñada, música... feita por mulleres. Agardámosvos!