Formación complementaria en inglés
Plan CUALE: Cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras (inglés).
Entre o 2 de xuño e o 20 de xuño estará aberto no IES Fernando Blanco a preinscrición para estes cursos, que van dirixidos a:
Alumnado que curse 3º de ESO no ano 2008/2009: curso de formación para acadar o nivel A1.
Alumnado que curse 4º de ESO no ano 2008/2009: curso de preparación para acadar o nivel A2.
Documentación necesaria para a preinscrición:
- Impreso
- DNI
A matrícula farase efectiva no mes de setembro por orde de preinscrición. Para acceder ao A2 terá prioridade o alumnado que participase no A1 durante o curso 2007/08.