CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.CONVOCATORIA 2022
PRAZOS DE INSCRICIÓN
CICLOS MEDIOS: Entre o 3 e o 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
CICLOS SUPERIORES: Entre o 31 de xaneiro e o 11 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
DATAS DOS EXAMES
PROBAS CICLOS MEDIOS: 25 de maio
PROBAS CICLOS SUPERIORES: 28 de abril
REQUISITOS DE INSCRICIÓN
CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2022.
CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2022.
NOTA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP, teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
·
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
·
A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP. Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar.
·
No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
·
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH
· As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.
· Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.
· Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).
· A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.
CALENDARIO DAS PROBAS
Se precisades máis información sobre a estrutura da proba,os horarios, modelos de exame, etc., achegádevos ao departamento de orientación.