Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades

1.- Visita didáctica "As miradas de Isaac"

Actividade complementaria para o alumnado de 4º de ESO

Visita didáctica en liña desde o Museo da Cidade da Cultura. Achegamento á obra de Isaac Díaz Pardo

Lugar: aula de 4º ESO

Data: 18 de febreiro de 10 a 11 h

Aquí tedes máis información sobre a exposición e sobre a visita didáctica en liña.

 

2.- Día das Letras Galegas de Ricardo Carvalho Calero, adiadas.

A Federación Galiza Cultura preséntanos un conxunto de actividades para levar a cabo nos centros de ensino e na sociedade en xeral para o día 25 de marzo de 2021, coincidindo co aniversario da morte de Carvalho Calero. O movemento asociativo leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas para Carvalho. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidésemos celebralo debidamente. Este traballo de difusión da súa obra e de homenaxe a quen tanto debe a nosa lingua e cultura, e que tan necesaria é, foise adiando sucesivamente. Por iso, coincidindo agora co aniversario do seu pasamento, o día 25 de marzo, propomos unha xornada de recordo e espallamento da súa figura baixo o lema “Carvalho. Lingua e Terra”.

Os materiais que a Federación Galiza Cultura nos ofrece, en colaboración coas Deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, son os seguintes:

a) O libro Amigo Carvalho. Do Halley ao Hubble en formato PDF. Ligazón

b) A conferencia-coloquio coas intervencións de Mª Victoria Carvalho, Manuel Castelao e Pilar García Negro. Ligazón

c) O documental-entrevista con Carvalho Calero: “Tempo para a esperanza”. Ligazón

 

 3.- 25 de Abril: Revolução dos Cravos

Este mês de abril as aulas de Português de 1º de ESO versaram sobre a Revolução dos Cravos, para os alunos conhecerem esta data tão importante da história e da cultura portuguesa. Lemos textos, ouvimos e analisamos as letras da música “Grândola vila morena” de José Afonso (o Zeca), o seu significado e como já se tornou um hino que atravessa as fronteiras da lusofonia. Afinal, os alunos levaram para casa, um pequeninho presente: um cravo e a letra da música.

25 de Abril Sempre!!

 

 

 

 4.- Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear a Xela Arias. Na páxina do noso EDLG tedes máis información sobre ela.

Aquí podedes ver os Carteis da exposición das Letras Galegas, elaborado no IES de Ames e que foi premiado pola SXPL, na categoría de ESO e FP.

Tedes aquí unha colección de cancións ("Hasme oír") creadas a partir de poemas de Xela Arias. Canta "A banda da loba".

Nós tivemos unha actuación de Serafín Marcos inspirada nas vidas e obras de Xela Arias e Ricardo Carvalho

Calero. Podedes ver algunhas fotos aquí.

 

 5.- Obradoiro de percusión afrobrasileira pola igualdade

Durante as Xornadas Culturais o alumnado de 4º e as profesoras de Galego e Música (organizadoras da actividade) asistiron a un obradoiro de percusión. A actividade foi impartida por dúas monitoras (Sabela e Tania) do colectivo SomdoLilá Percusión.

Resultou unha actividade moi enriquecedora pois, en pouco tempo, puidemos aprender moitas cousas relacionadas con este tipo de percusión (a súa orixe e evolución cos significados que foi adquirindo ao longo do tempo) á vez que puidemos practicar e aprender uns ritmos para acabar tocando en conxunto, en harmonía co grupo. Unha marabilla!

Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica e auditiva do obradoiro.



book | by Dr. Radut