Día da Poesía / Día de Rosalía
Día da Poesía 2024: #_rdc2024, #oamordapatriagalega
Volve febreiro, e con el o noso recital poético! Dende a biblioteca, animámosvos a inscribirvos para ler algún poema, que podedes escoller vós mesm@s, ou solicitar a axuda de calquera das tres profesoras bibliotecarias e que vos busquemos un.
Como cada nao tamén Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón como lema para este 23 de febreiro de 2024 o amor da patria galega, que se difundirá nas súas RRSS: #_rdc2024, #oamordapatriagalega. Por iso, interesaranos sobre todo calquera poema ou fragmento que xire arredor do amor á nosa patria...
Animádevos e participade!
Tamén dentro das celebracións desta data, participamos como cada ano (alumnado e profesorado voluntario) na lectura pública de poemas de Rosalía que organizou o Concello de Carnota o mesmo día, o 23 de febreiro. Aquí podedes acceder ás reseñas sobre a actividade en Que Pasa Na Costa, e a web do Concello.
- Para máis información, escanear o QR
- Acceso directo á autorización, para descargar ou imprimir dende aquí.
Traballo dende as aulas
Esta é unha mostra do traballo que se fixo dende as aulas de P. Competencial de 1º e 2º, cuxo alumnado pon o seu granciño de area, e da formato varios dos poemas lidos polo alumnado no noso recital anual do instituto.
Día da Poesía 2023: #cumpriuseaxustiza
Un ano máis celebramos o Día da Poesía e o Día de Rosalía no 23 de febreiro. Seguindo coa convocatoria da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) este ano poñemos o foco na xustiza ou na falta da mesma. O manifesto para esta ocasión foi redactado por Carme Adán e podedes lelo aquí.
En relación con esta temática, o alumnado de V. Éticos de 4º fixo un traballo de relación do poema "A xusticia pola man" de Rosalía con exemplos tirados da vida real que podedes ver aquí.
Estamos preparando un recital para todo o centro para o xoves 23 febreiro a 3ª hora. De estar bo tempo, farémolo fóra, na zona do patio cuberto; se non se pode, farémolo dentro, no espazo entra a biblioteca e o ximnasio.
Animádevos a preparar o voso poema e participade con nós no recital!
Orde de lectura no recital |
- Na Biblioteca fixemos uns marcapáxinas especiais con versos de Rosalía de Castro para esta data, cos que agasallamos aos participantes.
- Tamén dentro das celebracións desta data, participamos (alumnado e profesorado voluntario) na lectura pública de poemas de Rosalía que organizou o Concello de Carnota o 23 de febreiro mesmo, ás 12:00.
(Para máis información, facer clic no cartel da dereita) →
Acceso directo á autorización, para descargar ou imprimir dende aquí
Finalmente asistimos, un pequeno grupo de 7 alumnas e alumnos, acompañados polas profesoras e bibliotecarias Mariluz (LG) e Renée (FR) para participar coas noas lecturas no recital poético organizado polo Concello de Carnota no seu salón de plenos.
Día da Poesía 2022: pensamentos para Rosalía
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón como lema para este 23 de febreiro de 2022 #SementadePensamentos, pois esta era unha flor moi apreciada pola nosa querida e ilustre poetisa.
Parabéns, Rosalía!! Sabiades que agora, grazas á investigadora galega Sagrario Abelleira coñecemos novos datos sobre a nosa poetisa? A Fundación Rosalía de Castro, nunha reunión de autoridades e expertos, recoñece a veracidade dos novos datos atopados e cambia a data de celebración do día da poetisa gaega ao 23 de febreiro, un día antes do que se viña facendo tradicionalmente.
Comunicación de prensa oficial da Xunta de Galicia sobre o tema.
Velaquí a nosa proposta para este ano:
Se temos un bo día, o vindeiro mércores 23 a terceira hora (antes do recreo) sairase ao patio nesa sesión, co alumnado reunido por grupo-aula pero mantendo sempre as distancias recomendadas, para ir recitando segundo a orde disposta polas profesoras bibliotecarias.
Profesorado: animade aque participe todo o voso alumnado!!
E... que terá que ver se non sodes de linguas?... Participade todos vós!!
Se queredes podedes acceder aquí á crónica fotográfica do recital e a algúns poemas creados polo alumnado de Lingua Galega.
Día da Poesía 2021: recitando nas aulas
Dende o equipo de biblioteca non queremos deixar de celebrar este día, aínda que non poidamos facer o recital conxunto de cada ano. Por iso, queremos animarvos a todos, profesorado e alumnado, a celebralo recitando dentro das aulas.
Velaquí a nosa proposta:
- O vindeiro mércores 24, ben ao principio, ben ao final da clase segundo dispoña cada profesor colaborador, quen teña algún poema preparado, poderá recitalo, profesorado e/ou alumnado
- A única condición é que en cada aula (en particular, no tocante ao alumnado que participe) non se repitan os poemas lidos en cada sesión.
No equipo de biblioteca faremos unha recompilación dos poemas lidos, coa fin de publicalos nesta mesma páxina, polo que agradeceriamos que nos fagades chegar as vosas seleccións.
Celebración na web:
- AELG: Día de Rosalía de Castro 2021 Do 23 de febreiro de 2021 ao 1 de marzo de 2021. Co apoio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)
Velaquí un fragmento do Manifesto que este ano redacta Anna R. Figueiredo e será lido o vindeiro sábado 27 no Panteón de Galegos Ilustres.
Camelia al cuello, Foto da exposición da camelia en Fonseca. Orixinal de juantiagues CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=41943622 |
- E, para celebrar lendo poesía dentro dos fondos da biblioteca, velaquí o tríptico de recomendacións poéticas que elabora a profesora de LG e membro do equipo desta biblioteca:
Tríptico especial Poesía galega febreiro 2021
- Tamén temos recomendacións para ler poesía en castelán:
Recomendacións de poesía española
- Outras actividades:
Colaboración con librerías locais
Recital poético 2020
Como cada ano, estamos a organizar o noso recital, co que queremos conmemorar a un tempo a importancia de Rosalía e a súa poesía, facéndoa estensible á poesia en xeral, en calquer lingua e sobre calquer temática.
Moitas grazas a todos e todas os que participades: alumnado, profesorado, e persoal do Concello de Carnota, que tan amablemente colaborades!
Foto de Andy Blackledge (Scottsdale, AZ, USA). CC BY 2.0
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Night_bike_ride_(48783336027).jpg
RECITAL POÉTICO
28 de febreiro de 2020, 3ª hora: de 10:20 a 11:10 (recreo)
GRUPOS |
RECITAN |
|
Todo o alumnado no vestíbulo |
Presentación xeral: Mariluz, Renée Lectura dun fragmento do manifesto de Daniel Asorey para a AELG.
|
|
Profesorado no centro a 3ª hora:
Elda Eva Iago Luisa Macías Marian Maribel Mariluz Mariña Renée Roberto Susana Uxío Xosé |
1º bloque: De Rosalía, Follas Novas Ita Beiro (Axencia de Lectura Municipal - Biblioteca): “Vanidade”- Follas Novas Noemí Abajo (Concello de Carnota - Cultura) Eva Sampedro: ““Miña casiña, meu lar”” de Follas Novas Agustín: “Hoxe ou mañán, quen pode dicir cando?”- Follas Novas Eva: “Xan”- Follas Novas Benito: “Sin niño”- Follas Novas Nardo: “Cando un é moi dichoso”- Follas Novas Lúa: “Que pasa ao redor de min?” e “Cando era tempo de inverno”- Follas Novas |
|
2º bloque: De Rosalía, Lieders e Cantares Gallegos Paula, Andrea, Antía, Mariña e Claudia: “Lieders” Xoán, Brais e Xoel: “Adiós ríos, adiós fontes”, de Cantares Gallegos María e Manuel: “Cantan os galos pró día”, de Cantares Gallegos Mariluz e Renée: “Miña Santiña, miña Santasa”, de Cantares Gallegos |
||
3º bloque:outros poetas galegos (alumnado 3º) Uxío: “Paxaros” de Xosé Neira Vilas, en Cantos á natureza. Carlos: “A ovella número sete non quere que a conten”, de Marilar Aleixandre, Ovella descarreirada. Noa e Ángela Gª: “Facendo rabos ás culleres” de Marilar Aleixandre. Saray: un poema deMar de Lira, de Francisco Fernández Naval |
|
|
Alumnado de 3º e 4º |
4º bloque: poesía en castelán Oliva: “Me gusta cuando callas”, de Pablo Neruda. Paula: “La paloma”. Rafael Alberti. Mariña: Rima XXX, de Gustavo Adolfo Bécquer. Anxo, Agustín e Nardo: “Poderoso caballero es don dinero” de Francisco de Quevedo Lúa:Proverbios y cantares (XXIX), de Antonio Machado / “Siempre rimando” |
|
Profesores e alumnado de francés/ latín |
5º bloque: Poesía variada Susana: “La energía” , de Andrés Neuman Macías: "As nosas derrotas non demostran nada", de Bertol Brecht Luisa: poema “sorpresa”: "En una cajita de fósforos", de María Elena Walsh Alumnado de francés, na orde establecida pola profesora: “Fugue”de Louis Aragon; “J’écris”, de Geneviève Rousseau; “Mon cartable”, de Pierre Gamarra e “Les mois”, de Maxime Huaulmé. Alumnado de latín de 4º: Omnia sol temperat |
Recital poético: 25 febreiro 2019
Día de Rosalía = Día da Poesía
Xa van moitos anos que celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) arredor do 24 de febreiro.
Este ano, o noso recital anual tivo lugar o luns 25 de febreiro, e como novidade, a participación nel da concelleira de cultura de Carnota, Alianza Uhía; e as bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, que nos leron cadanseu poema. Moitas grazas pola vosa participación !
Tamén elaboramos un boletín de recomendacións especial, colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota que podedes ver aquí.
Día de Rosalía - Día da poesía 2018
Como cada ano, celebramos o día da Poesía arredor do 24 de febreiro, para recordar á escritora e poeta galega máis importante das letras galegas. Velaquí un tríptico especial de recomendacións arredor da súa obra.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Autorizac lectura pública 23F-Rosalía.pdf | 605.97 KB |
Organización e orde recital POESÍA 2024.pdf | 264.58 KB |
MODELO poemas recital 2024.odt | 92.33 KB |