Abril, mes do libro
Este mes celebrouse o 23 de abril o Día Internacional do Libro (e dos dereitos de autor). Non quixemos permanecer alleos a esta celebración, e por iso desexamos contribuír con esta data tan sinalada.
Por iso, durante a semana do 25 ao 29 de abril, estivemos de celebración, con diversas actividades organizadas dende a propia Biblioteca, e tamén de outros departamentos. As nosas grellas de novidades e zonas de exposición darán conta destas celebracións con mostras temporais variadas.
Este foi o noso programa de actividades para a semana.
Book lover. Foto de Icely88 - CC BY-SA 3.0.
https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=29298110
Unha das actividades realizadas durante esa semana foi a gravación do texto do escritor galego Pedro Feijoo "Os libros son para valentes", agasallado ás Bibliotecas Escolares pola celebración do 23 de abril deste ano. As voces corren a cargo de alumnado de 1ºESO, e a música, do grupo galego 2uS, que nos deu permiso de usar o tema Bonita de seu álbum debut, Só son sóns. Moitas grazas a todos pola colaboración!
Este é o resultado!
Micrófono. Foto de Zzubnik - Dominio público
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Os libros son para valentes IES Carnota.mp3 | 2.58 MB |