O 25 de febreiro unha selección do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) asistirán a unha charla-coloquio con María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola" no salón de actos do IES Xelmírez I entre as 10.15 e as 13:15 da mañá
E falando tamén de traballo ben feito: Cando o 25 de novembro celebramos o día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos un resumo das actividades desenvolvidas no Lamas de Abade antes desa conmemoración. Non obstante, mirade a marabilla coa que nos deleitaron dende o Departamento de Dinamización Lingüística do Centro no recreo do día seguinte. Admirable e valente actuación recompensada coa ledicia e os aplausos de todas e todos os que alí estabamos escoitando.
Deixamos link ao vídeo. Para poder visualizalo temos rebaixado considerablemente a calidade. Non obstante aquelas persoas que queirades unha copia con calidade HD non dubidedes en preguntar ao Departamento de Dinamización ou na Xefatura de Estudos e non teredes problema en conseguila.
Sen necesidade de desprazarnos moi lonxe o Departamento de Dinamización preparou para o xoves 22 de novembro unha actividade na que gozar da compañía teatral Talía Teatro e a súa obra "Pelos na Lingua".
Pola presente, queda convocado o alumnado dos diferentes niveis educativos con materias pendentes de cursos anteriores para realizar, no lugar, día e hora indicados, a proba final da materia correspondente deste departamento didáctico.
Alumnado de |
Materia pendente |
Lugar |
Maio Día |
Hora |
Segundo da ESO |
Lingua galega e literatura de 1º da ESO |
Aula 18 |
18 |
11,50 h. |
Terceiro da ESO |
Lingua galega e literatura de 2ºda ESO |
Aula 02 |
19 |
12,40 h. |
Santiago de Compostela, a 12 de maio de 2017
O Xefe do Departamento
Xosé María Torres Reino
Notas:
Os obxectivos a acadar, os contidos e os criterios de avaliación son os establecidos na programación didáctica do curso correspondente.
No caso de ter algunha dúbida, o alumando debe dirixirse ao xefe de departamento ou á súa profesora.
CONVOCATORIA DA PROBA FINAL DO MES DE MAIO
Pola presente, queda convocado o alumnado dos diferentes niveis educativos con materias pendentes de cursos anteriores para realizar, no lugar, día e hora indicados, a proba final da materia correspondente deste departamento didáctico.
Alumnado de |
Materia pendente |
Aula |
Día |
Hora |
Segundo da ESO A |
Lingua galega e literatura de 1º da ESO |
2º da ESO A |
16 |
9,00 h. |
Segundo da ESO B |
Lingua galega e literatura de 1º da ESO |
2º da ESO B |
16 |
10,40 h. |
Terceiro da ESO |
Lingua galega e literatura de 1º da ESO |
3º da ESO A |
10 |
9,50 h. |
Terceiro da ESO |
Lingua galega e literatura de 2º da ESO |
3º da ESO A |
10 |
9,50 h. |
Segundo de Bacharelato |
Lingua galega e literatura de 1º Bacharelato |
2º de Bacharelato |
10 |
10,40 h. |
Santiago de Compostela, a 2 de maio de 2016
O Xefe do Departamento
Xosé María Torres Reino
Notas:
Os obxectivos a acadar, os contidos e os criterios de avaliación son os establecidos na programación didáctica do curso correspondente.
No caso de ter algunha dúbida, o alumando debe dirixirse ao xefe de departamento.
A revisión dos exames e notas será na sala do profesorado:
O día 12 de maio, de 11,30 a 11,50 para o alumnado de bacharelato.
O día 19 de maio, de 11,30 a 11,50 para o alumnado da ESO.
Co devalar da lúa de santos Neira Vilas colleu camiño do alén. Para o noso lecer deixounos un feixe de libros: O cabaliño de buxo, Querido Tomas, Cartas a Lelo, Espantallo amigo, e tantos outros. Un dos que máis me gustaron foi o que recomendo para ler nas vacacións de nadal, na casa, ao quente, mentres chuvisca fóra e peta o vento nas xanelas. Memorias dun neno labrego, escrito por Xosé Neira Vilas, foi publicado por primeira vez en Buenos Aires no ano 1961. Desde entón éditase e reedítase constantemente.
EU SON… BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña. No verán ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos. No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos. ¡Que saben desto os nenos da vila! ..... |
Europa Express Novela de Andrea Maceiras Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015 Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria. |
Estes son os libros de texto para este curso:
Podes ver a programación trimestral, se es alumno ou alumna de primeiro da ESO A, premendo no PDF
A PRAIA DOS AFOGADOS Finalista do International Dagger Prize 2011 Con esta obra, Domingo Villar introduce o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Está prevista a estrea da versión cinematográfica o oito de outubro nos cines galegos. Apura a ler a novela.
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer