A BALTEIRA
E este fala da muller máis coñecida da nosa lírica medieval. Non o perdades! Na corte de Afonso X O Sabio, traballou a soldadeira máis popular do reino medieval da Galiza: a indómita María Pérez Balteira, que a pesar de ser filla dunha rica familia fidalga, preferiu cantar e bailar na corte do rei, como estratexia para evitar o sometemento do matrimonio. A súa lenda segue inspirando a autores e autoras dos nosos días que a ven como unha avanzada na loita contra as ríxidas normas coas que o sistema patriarcal marcou sempre o territorio feminino.
Prema na ligazón A BALTEIRA para abrir o recurso.