Formatos de imaxes Bitmap:

BMP formato estándar da maioría das aplicacións Windows. A comprensión é mínima, polo que as imaxes teñen un gran tamaño.

PSD é o formato nativo de Adobe Photoshop. XCF é o formato nativo de Gimp. Ambos os dous manteñen intacta a calidade e os distintos elementos asociados, como as capas, transparencias, rutas, etc. Isto supón un tamaño considerable. Pódense editar sen perder calidade.

RAW Formato sen ou con mínima perda de calidade.

TIFF. Vos ficheiros TIFF conteñen "etiquetas" nas que se arquiva información sobre as características da imaxe (por exemplo, o algoritmo de compresión usado).

TGA. Pode almacenar datos de imaxes de 1 a 32 bits de profundidade de cor. Opcionalmente pódese utilizar a compresión sen perdas.

FORMATOS ADECUADOS PARA AS PÁXINAS WEB (os que comprimen para que ocupen pouco e se descarguen facilmente)

GIF é un formato que permite as transparencias en determinadas áreas da imaxe. Só admite profundidades entre 1 e 8 bits. A pesar da súa grande difusión a comezos de Internet, ao ser un formato baixo licenza ata hai pouco, provocou a súa substitución polo formato PNG, un formato aberto e con mellores ratios de compresión.

JPG. Moi estendido. Cada vez que se garda unha imaxe neste formato comprímese. Indicado o as ilustracións cunha gama de cor moi rica e que non necesiten describir áreas transparentes. Ás súas extensións son: .jpeg, .jpg

Formatos de imaxes vectoriais:

DXF Formato estándar.

CDR Formato de Corel Draw.

AI Formato de Adobe Illustrator.

EPS - Encapsulated Postscript­. O EPS é un dos mellores formatos para ser importados dende a maioría de software de deseño. É un formato moi adaptable xa que podemos utilizalo igualmente para imaxe vectorial como mapa de bits.

DWG Formato de AutoCad.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM