Lingua e literatura galega 3º ESO
Esquema de temas
-
Ata o minuto 17:30-
Lembrade que o primeiro exame de Lingua Galega pendente de 2º ESO terá lugar o venres 12 de xaneiro, tal e como aparece especificado nesta mesma Aula Virtual. Calquera dúbida que teñades podedes consultarma a través do meu enderezo anamariatres2@gmail.com ou en calquera recreo dos días anteriores ao exame.
-
Ao longo deste Nadal debedes de enviarme un texto que cumpra os requisitos para ser presentado ao X Certame literario Viaqua. Eu devolveréivolo corrixido o luns 8 e despois teredes a opción de presentalo ao certame. No caso de terdes moi claro que non queredes presentalo ao concurso, tamén podedes entregarmo persoalmente o primeiro día de clase. https://www.viaqua.gal/documents/758108/2540338/BASES+X+CERTAME+LITERARIO+VIAQUA+23_24.docx.pdf/4900a01e-5405-ab70-971e-6a8e7e845e09?t=1699622252919
-
Tal e como acordamos na clase, esta recuperación é para o alumnado que teña suspensos os dous exames da 1ª avaliación (os que non puidestes facela antes do Nadal). A data será o día 17 de xaneiro se non tedes outro exame marcado ese día, de ser ese o caso, acordaremos unha data nova para a mesma semana.
A materia é a mesma que entrou nos exames anteriores (xa fostes informados na clase en repetidas ocasións). Vou facer un recordatorio especificando as páxinas do libro de texto. Son as seguintes: 7, 8-9, vocabulario da lectura (10-11), 12, 14-15, 16, 20-21, 22-23, 24-25, 27, 29, 30-31, 32-33, 34, 36-37, 38, 40, resumo da 42-43, 44-45, 60-61, 62-63, 66-67, 68-69, 70-71, 72-73, 76-77, 78-79. Lembrade repasar tamén os exercicios.
-
Todas estas fichas deberedes facelas e entregarmas persoalmente o día que realicedes o 1º parcial para recuperar a materia pendente do curso pasado. As dúbidas que teñades durante a súa realización poderedes solucionalas como está indicado na información exposta nesta Aula Virtual.
-
-
Neste vídeo ides ver un resumo da historia da nosa terra.
-
Na primeira parte do vídeo tedes unha introdución á literatura medieval.
-
Este vídeo recolle, de forma resumida, algunhas explicacións da clase. Está moi ben como introdución ás cantigas. Grazas ás excelentes relacións entre Galicia e Occitania, e a transmisión oral a través do Camiño de Santiago, chegaron ata nós as composicións da lírica provenzal. Aquí adaptámolas e desenvolvemos unha lírica autóctona que en parte seguía as temáticas provenzais pero que se cantaba en galego-portugués, a lingua máis culta e prestixiosa da península nesa época, usada polo rei Afonso X O Sabio nas súas cantigas.
-
E este fala da muller máis coñecida da nosa lírica medieval. Non o perdades! Na corte de Afonso X O Sabio, traballou a soldadeira máis popular do reino medieval da Galiza: a indómita María Pérez Balteira, que a pesar de ser filla dunha rica familia fidalga, preferiu cantar e bailar na corte do rei, como estratexia para evitar o sometemento do matrimonio. A súa lenda segue inspirando a autores e autoras dos nosos días que a ven como unha avanzada na loita contra as ríxidas normas coas que o sistema patriarcal marcou sempre o territorio feminino.
-
-
-
Subide aquí as fotos que saquedes dos locais onde poñades os cartaces de Aquí tamén se fala galego!
-
-
-
-
-
Ata o minuto 17:30
-
-
-
-