Topic outline

  • Novas e proba modelo ABAU

    Aquí atoparedes modelos das últimas probas ABAU cos seus criterios de avaliación. Aquí tedes tamén a ligazón para acceder aos modelos de probas ofrecidos neste ano 2024 e mais os criterios de avaliación: https://ciug.gal/gal/abau/lingualiteraturagalega

  • As variedades dialectais

    Víronse os bloques dialectais e os trazos característicos de cada unha das áreas en que estes se dividen. As actividades que se deben facer desta Unidade son a 1 e a 2 das páxinas 90 e 91. A ferramenta empregada para ver algúns exemplos orais destes fenómenos foi o ARQUIVO DO GALEGO ORAL.

     

  • As linguas da Península Ibérica

    Nesta Unidade traballaremos o contexto lingüístico da Península ibérica e revisaremos algúns conceptos claves que nos axudarán a enfrontármonos aos comentarios sociolingüísticos. Para iso organizamos as sesións en exposicións orais que a docente irá matizando se fose necesario.

  • Unidade 7. O galego na democracia

    Nesta unidade estivemos a traballar a situación da lingua galega tras a democracia. Nas ABAU as cuestións relacionadas con esta materia serán formuladas a través do comentario dunha viñeta, un gráfico ou un texto escrito.

    DEBEN REALIZARSE AS ACTIVIDADES 1 DA PÁXINA 106 E 1 E 3 DA PÁXINA 107.

  • Unidade 8. O galego estándar e a normativización

    Nesta unidade traballamos cales foron os criterios para a elaboración do galego estándar, as súas funcións, a historia, a normativización e mais os prexuízos lingüísticos.

    Deben realizarse as actividades 9 e 10 (só o primeiro apartado) da páxina 123.