Trabállanse  pautas e actividades propostas desde esta coordenadora e consensuadas en grupo tendo en conta a titoras e titores e no posible  a todo o profesorado.

As actividades son compartidas e autorizadas pola directora do centro

Teñen en conta e tratan de complementar o plan de acción titorial.

Trátase de facer realidade o plan de convivencia do centro, elaborado no curso 23-24

Finalidade Planificar accións para coordenar actividades de convivencia no centro e contribuir ao benestar da comunidade educativa.

Trabállase de xeito coordinado co departamento de orientación e en ocasións con vicedirección.

A coordinación está formada por un equipo de 4 persoas nestes 2 primeiros trimestres e no terceiro uniranse outras 3 persoas para completar gardas de convivencia.

Participarase en congresos e xornadas que xuntan aos coordenadores/as de tódolos centros de Galicia.