A materia de Programación, Deseño e Impresión en 3D impártese no segundo curso de bacharelato, buscando os seguintes beneficios para o alumnado:

a) Fomenta a creatividade e a capacidade de resolver problemas. A principal achega da impresión en 3D é a súa capacidade para materializar as ideas en obxectos reais. Esta funcionalidade provoca un cambio de mentalidade no alumno que debe liquidar os posibles obstáculos que xurdan no mundo físico aplicando a creatividade e innovando ata obter o obxectivo desexado.

b) Xeran máis participación: A formación en 3D converte a experiencia da aprendizaxe nun proceso moito máis lúdico e participativo.

c) Captan o interese do alumnado: A posibilidade de aprender a través da práctica e de ver o resultado real dos seus deseños fai que o alumnado mostre máis interese e se senta máis motivado. En definitiva, pasar das clases teóricas á creación propia pode ser un gran incentivo no proceso de aprendizaxe.

d) Facilitan a tarefa do docente: As materias de ciencias, tecnoloxía, enxeñarías e matemáticas teñen nas impresoras 3D unhas grandes aliadas, xa que permiten trasladar a un escenario real conceptos que, en ocasións, son difíciles de explicar.

e) Promoven a colaboración entre diferentes materias e departamentos: Diversas experiencias demostraron que o uso de impresoras 3D no ámbito educativo fomenta a colaboración entre diferentes materias e especialidades, e promove o traballo en equipo.

Recursos didácticos

Esta materia sería totalmente práctica, e levaríase a cabo na aula de informática, xa que o ordenador será a ferramenta básica de traballo do alumado.

O software a utilizar será totalmente libre, utilizándose para o deseño e programación en 3D os programas “OpenSCAD” e “FreeCAD”, e para a impresión o programa “Cura3D”. Loxicamente, contar cunha impresora en 3D será algo importante para que o alumnado poida tocar o que el mesmo deseñou.

Curso creado para a formación en Moodle