Skip to Content

Matemáticas

O pasado mes de xaneiro media ducia de estudantes de 2.º ESO deron un paso adiante e decidiron formar un grupo de resolución de problemas matemáticos. O obxectivo secundario era participar na Olimpiada Matemática, mentres que o obxectivo principal era gozar do proceso, enfrontar retos e aprender, aprender moito.

O equipo xuntábase un recreo á semana, ata que o xoves 25 de abril se celebrou en Pontevedra a fase zonal da Olimpiada. Aínda que a convocatoria establecía que só 4 persoas do centro podían participar, aló foi o equipo completo. As 2 persoas que por desgraza tiveron que quedar fóra deron todo o seu apoio moral ao resto, e dirixíronse á cafetería para resolver os problemas ao mesmo tempo que as demais. Unha experiencia diferente, á par que inesquecible.

Uns días máis tarde saltaba a noticia: soubemos que un dos membros do equipo, Martín, era seleccionado para participar na fase autonómica, que se vai celebrar o próximo xoves 23 de maio en Lugo. Dende un primeiro momento, o equipo xa se puxo a traballar para preparar este novo desafío. Deste xeito, o pracer de resolver problemas nonrematou, a celebración da fase zonal da Olimpiada non trouxo consigo a disolución do grupo. Nin moito menos. O equipo segue reuníndose e continúa debullando problemas. Aínda que unicamente Martín continuará coa compoñente competitiva desta aventura, non o imos deixar só na súa preparación. Somos un equipo!

 

O Departamento de Matemáticas asume, no curso 2024-2025, a impartición das seguintes materias. As programacións didácticas das materias da ESO e o Bacharelato poden consultarse premendo nesta ligazón.

 

Durante o curso 2024-2025 o profesorado que forma parte do Departamento é:

Distribuir contido


by Dr. Radut