Skip to Content

Lingua e literatura galega

4º ESO B 2ª semana

Esta semana toca o seguinte:

  1. Quedounos pendente algún exercicio de B e V. Tedes que facer o 4 e o 6 da páx. 103 na libreta.

 

  1. Hai que facer tamén na libreta o exercicio 4 da páx. 119 e o 1, pero indicando só adverbios e preposicións (que non formen parte de contraccións).

 

  1. Aproveitando que o venres é o Día Mundial do Teatro, imos estudar algo de léxico desta arte facendo os exercicios 3 e 4 da páx. 150 tamén na libreta. 

Destas actividades dos apartados 1, 2 e 3 mandareivos solucionario o venres.

 

  1. Seguindo co teatro, tedes que ler o texto da páx. 180-181 e enviarme ata o venres 27 ás 23:59 as respostas ás preguntas 3, 5, 6 e 7 da páx. 182 nun documento que poida editar.

 

  1. Por outra banda, o 21 de marzo foi o Día da Poesía, polo que vos comparto un documento titulado “Poesía de corentena” por se vos animades. Estaría moi ben que o fixésemos!

  1. Para rematar, envíovos un enlace para lembrarvos as bases do concurso de relatos do extraterrestre, cuxo prazo remata o 20 de abril. Animádevos a envialo que, se hai sorte, imos de excursión a Curtis!

 

Por se non o vistes, no Instagram da biblioteca do centro e no blog podedes deixar os vosos comentarios e fotos cando vos apeteza.

 

Pola miña banda, máis nada polo momento. Consultádeme calquera dúbida que xurda.  Espero que o esteades levando ben e esteades sacando algo positivo destes días estraños. 

Ánimo que xa queda menos!

 

Lucía

 

ACTIVIDADE SOBRE OS SÉCULOS ESCUROS PARA 1º BACH.

Por se alguén segue tendo problemas para acceder aos materiais, déixovolos aquí tamén.

 

 O noso seminario está ocupado dabondo.

 

Antes eramos catro, por orde de chegada a Bueu:

 

- Asunción (Asun) Sónora dá clases no PCPI de Pesca (sen esquecer que tamén é a "dire")

 

- Fernanda G. Briones aturuxa a 1º da ESO, 2º Bac A e B..

 

- Eva Rosa López Villanueva anda por 1º BAC, 2º BAC-C e 3º ESO. Ademais é a Xefa de Departamento.

 

- Lucía Duran dá clases en 4º ESO, 2º ESO e no PCPI de Peiteado. Tamén é a coordenadora do EDNL.

 

Este ano, ademais temos a media xornada unha nova compañeira: María Lourdes Rial (aínda que todo o mundo lle chama Lúa) que anda pola quenda de nocturno e dá clases en 1º e 2º BAC,  en 2º de PCPI e na EPA II.

 

Se queredes preguntar algo ou tendes calquera dúbida académica, podedes contactar con nós persoalmente nas horas de titoría ou senón no correo do departamento:

 

ei.carballeira@gmail.com

 

Ou no noso blogue:

http://www.blogoteca.com/eicarballeira/

 

 

 

 

 

 

SECUENCIACIÓN E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

DATAS DE EXAMES DE XUÑO DATAS DE TITORÍAS DE ALUMNADO
     
     
     
   

 

Arquivo 2

 

 

 

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesjohancarballeira/?q=node/197

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut