CS Construcións metálicas
Ies Johan Carballeira - Bueu
O noso centro vos ofrece a posibilidade de cursar este ciclo superior que ten moitas saídas profesionais e dispoñemos dunhas boas instalacións para a túa formación. Aulas moi ben equipadas e uns talleres cunha completa maquinaria: máquinas de soldadura TIG, MIG/MAG, pregadoras, cizallas, máquina de corte CNC, ...
Ademais podes facer as prácticas en empresa FCT no extranxeiro. Alumnos do ciclo xa realizaron prácticas en Portugal e Alemania. Temos un convenio co concello de Melle en Alemania e un dos alumnos que fixo as prácticas no 2015 quedouse alí traballando. Para este curso catro alumnos farán as prácticas nesta cidade con grandes posibilidades de continuar alí traballando.
- Competencia xeral
- Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe.
- Planificar, programar e controlar a súa produción, partindo de planos e documentación técnica.
- Controlar a calidade dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
- Contorno profesional
Industrias dedicadas á:
- Construcción, montaxe e reparación de construcións metálicas.
- Fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial
- Talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles
- Construción e reparación naval, instalacións petroquímicas
- Módulos profesionais do ciclo formativo [2.000 horas]
1º Curso
- Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica 160 h
- Representación gráfica en fabricación mecánica 213 h
- Deseño de construcións metálicas 267 h
- Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas 213 h
- Formación e orientación laboral (FOL) 107 h
2º Curso
- Programación da produción 140 h
- Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental 105 h
- Definición de procesos de construcións metálicas 140 h
- Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas 192 h
- Empresa e iniciativa emprendedora 53 h
- Proxecto de construcións metálicas 26 h
- Formación en centros de traballo (FCT) 384h
-Saídas profesionais.
-Técnico en construción mecánica e en desenvolvemento de tubaxes.
-Deseñador técnico ou delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas.
-Xefe de taller en construcións metálicas e montaxe.
-Encargado de montaxe en construcións metálicas.
-Programador de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador e operador de CNC
Dispoñemos duns talleres equipados con una completa maquinaria: máquinas de soldadura TIG, MIG/MAG, pregadoras, cizallas, máquina de corte CNC, ...
Páxina do departamento | Páxina principal IES |