Skip to Content

A partires do 8 de xullo pódense consultar na conserxería do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluidos no fondo de libros.

Os días de reclamación son o 8 e 9 de xullo.

ORDE do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25.

Resumo da ORDE.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.,(procedemento ED308A).

Solicitude (Anexo I).

Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II). 

 
 

Pódese consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato e de 1º de FP Básica no documento adxunto.

Publicadas as cualificacións finais en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.

De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na secretaría do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Dirección Territorial (antes Xefatura Territorial).

Non se poderá recorrer á Dirección Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.

Modelos orientativos para as reclamacións

Distribuir contido


by Dr. Radut