A partires do 23 de xuño e ata o día 7 de xullo (incluídos) procederase á devolución dos libros en préstamo do Fondo Libros.
Prégase ao alumnado con libros en préstamo que faga a devolución do mesmo no seguinte calendario:
Curso | Data de devolución preferente |
1º ESO | 23 de xuño (martes) |
2º ESO | 26 de xuño (venres) |
3º ESO | 29 de xuño (luns) |
4º ESO | 30 de xuño (martes ata as 12:30 horas) |
O alumnado só devolverá os libros das materias aprobadas. No caso das materias pendentes para setembro farase a devolución do libro o día do exame.
A devolución dos libros farase pola entrada habilitada a tal efecto no centro (porta da esquerda), e non será preciso solicitar cita previa para a mesma, polo que se roga que se garden as distancias sociais e se tomen as debidas precaucións.