O IES Isidro Parga Pondal ven de ser seleccionado entre os finalistas do festival audiovisual Olloboi na categoría "Ollo redes-divulgación" co vídeo titulado "Xeoclip Botánica: a pradeira salobre. Quen vive aquí?" un vídeo elaborado como recurso educativo que xa se está a empregar no noso centro e que ademias pon en valor un espazo tan singular e especial para tod@s os carballeses como o espazo natural Razo-Baldaio.
O venres 26 de maio o profesor Adán Gonçalves García, un dos autores do devandito vídeo, irá a gala de entrega de premios en representación do noso centro.
Xa é un logro estar aquí, pero xa postos queremos o premio gordo. Toca cruzar os dedos
Páxina do festival onde se poden ver os finalistas:
https://www.olloboi.com/olloboi-2023/
E aquí o enlace ao propio vídeo:
https://youtu.be/PgmDFrXMnXg