Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Dentro das actividades organizadas polo departamento de Educación Física coa colaboración do equipo directivo e de toda a comunidade educativa, encadrado como unha máis das actividades desenroladas do Proxecto de vida activa e deportiva no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, celebrouse durante os meses de Outubro ata Febreiro a segunda edición da liga de fútbol sala.


Os equipos participantes dividironse en dous competicións por unha banda xogou o alumnado de 1º e 2º da eso con 6 equipos participantes, e pola outra banda outros 6 equipos participantes con alumnado de 3º e 4º da eso.


Despois de facer unha rolda na que se enfrentaron todos os equipos, realizaronse as semifinais e as finais correspondentes a cada unha das competicións diferenciadas.


Os equipos finalistas obtiveron de premio un vale para consumir na cafetería do centro.


Durante toda a competición a actitude dos equipos e o numeroso público foi excepcional amosando deportividade, educación e respeto.


Unha boa experiencia para seguir facendo en próximas edicións