Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado venres 17 de febreiro celebrouse no Pazo da Cultura a 8ª edición do Festival de Variétés, un evento organizado pola Asociación de Irmanamento con L´ Isle – Jourdain co fin de achegar a cultura francesa á xuventude da vila e no que participa o alumnado dos diferentes centros educativos.

Este ano o noso instituto estivo representado por un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato que preparou unha magnífica coreografía de baile que entusiasmou a todo o público asistente.

O Departamento de Francés quere darlles as grazas pola ilusión que demostraron sempre, por todo o esforzo e traballo realizados e, por suposto, felicitalos pola súa brillante actuación.

Merci beaucoup et félicitations !!! ♥ ♥

Se queredes disfrutar do talento dos vosos compañeiros, mirade o vídeo que aquí deixamos para todos vós.