Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado venres 3 de febreiro o alumnado de 3º ESO acudiu a Santiago para escoitar a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio. Como dicía o creador do espectáculo, o pianista, Javier Otero Neira, tratábase dunha experiencia moi innovadora onde uniron música electrónica co bo facer e profesionalidade dos músicos da Real Filharmonía. No desenrolo da actividade unha das nosas alumnas, María Puga, saíu voluntaria para ler un poema, amplificando, porén, esta experiencia.