Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rematamos o curso e queriamos agradecerlle ao alumnado axudante que voluntariamente compartira os seus recreos traballando con nós na procura dunha convivencia pacífica na súa aula e no centro.

Agasallámolos cunha camiseta diseñada por Mon Lendoiro, un logo que transmite a importancia do diálogo, a escoita activa e a diversidade. Mon Lendorio é un artista/deseñador gráfico carballés que está colaborando connosco no Taller de Ilustración.

O alumnado axudante contribúe a mellorar o clima de aula e son un referente positivo para os seus compañeiros e compañeiras.

Graciñas polo voso traballo e colaboración co Departamento de Mediación, vémonos no seguinte curso e continuaremos traballando arreo con vós para que este instituto siga sendo un bo exemplo da resolución pacífica de conflitos.