Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A pasada semana tivo lugar o acto de entrega dos donativos que se recadaron para enviar axuda humanitaria a Ucraína. En total 427 euros que se destinarán a financiar parte dun ecógrafo que se enviará a cidade de Kiev.

Este proxecto que se desenvolveu na materia de Iniciativa á actividade empresarial e emprendedora que cursa o alumnado de 4ºC permitiu adquirir competencias na relación co mundo da empresa, pois tiveron que procurar colaboracións de agasallos para rifar, pedir orzamentos para a elaboración das rifas, contratar prestacións de servizos, recoller albaráns e facturas e viron de xeito práctico un proceso de venta utilizando o marketing dixital.

Destacar a colaboración de Imprentas Paco, Masquetinta, Idea Carballo, Atmosfera Sport, Dequip e Informática Valem SL. Esta aprendizaxe tivo de trasfondo un fin social, que fomenta a educación pola paz e os valores da necesidade de diálogo.

Os donativos foron entregados á Asociación de Bombeiros da Coruña nunha charla no IES PARGA PONDAL onde nos falaron do traballo humanitario destas últimas visitas a Ucraína, así como en Siria ou Etiopía.